Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Proxectos fin de carreira, con premio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Proxectos fin de carreira, con premio

Raquel Noya
Publicado: 04/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Enrique_Barreiro.jpgOs estudantes das ramas de Informática e de Telecomunicacións das universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal non poderán, dende hoxe, poñer excusas baratas para non rematar os seus proxectos fin de carreira ao acabar os estudos e deixalos para o último momento como fixemos a maioría dos universitarios con ganas de “vivir un ano sabático”, xa que Expourense bríndalles unha ocasión única, coa convocatoria do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, que vén de anunciar.
Trátase dunha iniciativa que esta entidade organiza en colaboración coas tres universidades galegas e que premiará ao mellor proxecto fin de carreira feito por estudantes de Informática e de Telecomunicacións de calquera das devanditas universidades, con premios de ata 1.250 euros.
Os traballos deberán presentarse no rexistro de Expourense antes das 13.00 horas do vindeiro 16 de decembro e o xurado reunirase o día 17 de decembro para facer público o resultado do concurso, logo de que os finalistas expoñan os seus proxectos nun tempo máximo de dez minutos.
Para a concesión dos premios o xurado vai ter en conta dous factores fundamentais: se existe desenvolvemento de software libre e a orientación do proxecto cara a innovación empresarial. Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, subliña asemade outras dúas cualidades importantes: “o grao de excelencia académica e a aplicabilidade dos proxectos”.
Barreiro fai fincapé na importancia do certame para dar a coñecer o traballo dos alumnos no entorno empresarial, e segundo explica, “este tipo de certames permiten que os empresarios de Galicia e do norte de Portugal vexan a calidade dos traballos que poden desenvolver estudantes que son xa case profesionais”.
O concurso tamén se convoca coa finalidade de estimular a capacidade innovadora do alumnado para desenvolver proxectos cunha visión empresarial, un aspecto no que fai especial fincapé Enrique Barreiro.
O certame conta con dúas modalidades: Grao Superior, para as titulacións superiores, dotado con 1.250 euros para o primeiro premio; 700 para o segundo e 300 para o terceiro. E o Grao Medio, para as titulacións técnicas, dotado con 1.000, 500 e 200 euros para o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?