No marco da celebración do denominado Consumer Action Day celebrado onte, Microsoft, que lanzou simultáneamente en máis de 70 países distintas iniciativas para protexer aos consumidores fronte á piratería, vén de facer públicos máis de 150.000 testimonios de consumidores que, nos últimos dous anos, víronse estafados ao adqurir software ilegal sen ser conscientes delo (ou algúns sen querer selo) e como consecuencia, na maioría dos casos, víronse afectados por infeccións de virus e malware.
Estes testimonios duplican en número aos recollidos na última campaña deste tipo, o que reflexa, segundo afirman os responsables da compañía tecnolóxica, “a crecente preocupación polo dano causado polo software ilegal e os esforzos de Microsoft por dar voz aos que loitan contra a piratería de software”.
Durante os actos de celebración do devandito día, Microsoft lanzou de maneira simultánea iniciativas de educación e accións coercitivas en máis de 70 países, concienciando ao consumidor acerca dos riscos que entraña o uso de software ilegal.
Tal e como sinala Txema Arrendó, director de Desenvolvemento da Propiedade Intelectual de Microsoft Ibérica, os usuarios que son enganados con software fraudulento, teñen máis risco de ter virus nos seus equipos, poden perder a súa información persoal, arríscanse a que rouben as súas identidade “e malgastan o seu tempo e os seus cartos”.
As consecuencias do malware van dende molestos anuncios a importantes fendas na seguridade da nosa información polo que Microsoft recomenda usar software legal e apostar polo uso seguro das novas tecnoloxías.
No seu compromiso coa protección dos seus clientes, partners, empresas e particulares, Microsoft Ibérica vén de lanzar a nivel mundial o Plan de Protección do Cliente de Windows, unha iniciativa destinada a combater o uso e distribución de software ilegal baseada en tres piares:
-A formación do cliente e do distribuidor informático.
-A innovación tecnolóxica.
-A acción legal perante os tribunais, que aínda que é a última opción, é necesaria para manter a raia aos que vulneran constantemente os dereitos de propiedade intelectual de software.
Microsoft defende aos consumidores vítimas de estafas con software ilegal
Compartir Este Artigo

