Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A federación mundial de consumidores inclúe a Microsoft nos seus premios ás peores empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A federación mundial de consumidores inclúe a Microsoft nos seus premios ás peores empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

windows_7rc_caixa-1d803.jpgGalardóns ao mellor traballo desenvolvido hai moitos, pero se cadra non abundan tanto os premios á inversa, os que recoñecemento un labor mal feito, en parte porque unha boa parte dos certames en positivo que existen teñen intereses en xogo e en parte porque a práctica de procurase inimigos non sempre é unha práctica sa. Tampouco deixa de ser curioso que haxa empresas, institucións ou persoeiros que ao longo dun mesmo ano acaben por ser obxecto de recoñecementos opostos, coma se todo dependese do lado da liña dende o que se esculcan as cousas. Un exemplo disto é Microsoft, empresa TIC de renome, responsable de desenvolvementos tan espallados como o Windows, e que, casualmente, vén de figurar entre os galardoados (pdf) dos Consumers Internacional, certame dirixido a recoñecer ás “peores empresas do ano”.
Os premios, entregados pola federación global de organizacións de consumidores, salientan “o comportamento irresponsable de algunhas das marcas máis recoñecidas do mundo, dirixindo a atención do público cara ás temáticas que afectaron aos dereitos dos clientes nos 12 meses máis recentes”.
Por certo que este ano empréstase especial atención ao respecto polo medio ambiente dende o eido corporativo, coincidindo a celebración destes premios coas reunións que se están a levar a cabo en Copenhague. De feito, informa CI, a edición 2009 dos galardóns estase a centrar única e exclusivamente no “lavado verde” que practican as multinacionais. Ou sexa: a teima dalgunhas empresas de facer pasar os seus produtos e estratexias como favorables coa natureza. Por certo que amais de Microsoft, que a xuízo da organización non salienta especialmente neste último punto no que se refire ao lanzamento do sistema operativo Windows 7 (que anima, sostén a plataforma, á adquisición de computadoras novas), hai unha serie de grandes empresas que tampouco fixeron un labor destacable en cumprir coas súas políticas de respecto polo medio:
· Audi. Recibe premio por dar a entender que os seus coches diésel son ecolóxicos.
· BP. Por informar do seu interese polas enerxías renovables “sen facer case ningún investimento”.
· EasyJet. Por gabarse de que os seus avións son máis limpos ca un coche híbrido.
· O Co2 é ecolóxico: Premio especial por branquear as emisións de carbono.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?