Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan un titorial sobre formación en liña e a distancia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan un titorial sobre formación en liña e a distancia

Redacción
Publicado: 10/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

titorial_formacion.jpgA xefa de Servizo de Programación Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, e a directora do grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC, Beatriz Cebreiro, presentaron hoxe o titorial Formación en liña e a distancia co obxectivo de amosar aos usuarios dos telecentros de comunicación as ferramentas e recursos existentes neste eido. O titorial foi presentado no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela e puido seguirse a través de videoconferencia nos telecentros de comunicación de Guitiriz, Oroso, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Tui.
A xefa de Servizo de Programación Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, lembrou que «este titorial xurde no marco do proxecto multimedia de formación da campaña Comunícate coa que a Secretaría Xeral de Medios pretende incorporar os telecentros de comunicación como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía». Segundo Felicitas Rodríguez, «os titoriais naceron co obxectivo de facilitar aos usuarios dos telecentros de comunicación (colectivos, asociacións, etc…) determinadas funcionalidades e potencialidades que se poden realizar dende os mesmos».
Pola súa banda, a directora do grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC, Beatriz Cebreiro, detallou na súa intervención os principais conceptos relacionados coa formación en liña e a distancia e ofreceu unha explicación detallada das ferramentas máis habituais neste eido.
Dende hoxe, o titorial sobre formación en liña e a distancia estará dispoñible, para todos aqueles interesados, nos distintos telecentros de comunicación dependentes do Centro Multimedia de Galicia. Desenvolvidos en Flash, os titoriais están pensados para un público con escasos coñecementos informáticos e tratan sobre distintos temas relacionados co mundo das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación audiovisual.
A través da campaña Comunícate preténdese dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen os telecentros de comunicación para convertelos en puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e de promoción do audiovisual galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?