Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Castrelo de Miño organiza o vindeiro día 27 o primeiro encontro de granxeiros virtuais de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Castrelo de Miño organiza o vindeiro día 27 o primeiro encontro de granxeiros virtuais de España

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/12/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

granxa_virtual.jpgAs redes e os nosos piares económicos (neste caso actividades do rural) non só son compatibles senón que se necesitan uns aos outros. Practicamente, é coma se falasen o mesmo idioma pero sen sabelo. O único que fai falta para un mellor e máis frutífero entendemento son mellores infraestruturas dixitais e, sobre todo, caer na conta do potencial da Internet, tan innovadora ela, como unha inmellorable corredoira entre a cidade e o noso rural. De asumir estes cambios e tirar partido deles é do que trata a nova iniciativa dixital do Concello de Castrelo de Miño, unha proposta que consiste en apoiar a plena presenza das explotacións agrícolas locais na Rede de hoxe, contribuíndose a un modelo mixto, a medio camiño entre o real e o virtual pero sacando o máximo proveito de cada un destes eidos.
O proxecto non xorde só: virá acompañado do primeiro encontro de granxeiros virtuais de España, a desenvolver o vindeiro 27 de decembro en Castrelo.
Por certo que a cita coincidirá coa estrea da feira de produtos agrícolas e artesanía que o Concello quere instaurar tódolos últimos domingos de mes, sendo o seu obxectivo (o da cita virtual) o de conxugar a agricultura real cos modelos de presentación e distribución que se están a espallar polas redes. Segundo informa o goberno local, as persoas que desexen participar nesta xuntanza poderán pasar a noite de balde no albergue municipal.
Proxectos semellantes
A proposta de Castrelo non xorde da nada. Arestora hai unha chea de plataformas onde internautas de todo o mundo manteñen contacto a través de ferramentas que se inspiran en redes de explotacións agrogandeiras. O resultado podémolo ver en servizos como Farmville, que dá acubillo á interacción de centos de milleiros de agricultores que, en troques de facer o seu labor cos apeiros de labranza tradicionais e de vender e mercar produtos con diñeiro tradicional, empregan ferramentas de traballo e cartos virtuais. O potencial deste labor, malia non repercutir directa e visiblemente na riqueza dunha terra ou dunha economía, é ben grande. En parte porque abre as portas da Rede para as actividades económicas teoricamente máis afastadas e, en parte, porque o modelo de interacción destas granxas virtuais ben pode ser aproveitado para a posta en marcha de propostas mixtas, é dicir, granxas reais que traballen coa Rede como antes traballaban coas feiras ou os espazos de venda e distribución tradicionais.
Na liña de obter coñecemento destes achados é onde se sitúa a xuntanza de granxeiros virtuais que convoca Castrelo. Dáse a circunstancia, ademais, de que este concello (que basea unha boa parte da súa economía en actividades agrícolas e vitivinícolas) conta a día de hoxe cun bo número de veciños a cabalo entre os devanditos dous mundos: o da agricultura de tipo tradicional e o da actividade en liña, relativamente nova e pendente de explorar. Isto débese en parte ao labor de normalización e divulgación tecnolóxica levado a cabo polo Centro de Dinamización local e tamén, informa o Concello, “a que en Castrelo máis do 60% da poboación conta con conexión sen fíos gratuíta a Internet, logo de que en 2008 comezase este proxecto municipal, cuxa implantación rematará este mes, chegando ao 90% dos habitantes”.
Entre as actividades previstas para a xuntanza do 27 (motivada como dixemos polo alto número de granxeiros virtuais que alberga este concello do Ribeiro), inclúense todo tipo de concursos (tanto de explotacións virtuais como de produtos hortícolas reais, co fin de acadar o máximo beneficio dunhas e doutros). Deste xeito, infórmase, “os máis avezados granxeiros virtuais recibirán de premio os mellores produtos das hortas de Castrelo de Miño, así como as máis selectas conservas que os veciños elaboraron tras participar en diversos cursos convocados durante este ano polo goberno local”. Para os que estean interesados en participar, o Concello porá á súa disposición unha aula de informática e a liña Wi-Fi para aqueles que acudan co súa propio portátil. Asemade, o albergue local dará acubillo gratuíto na noite do sábado 26 a aqueles granxeiros virtuais que desexen pasar a noite no municipio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?