Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas reunidos en Pontevedra sitúan ao eBook como agasallo estrela do Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas reunidos en Pontevedra sitúan ao eBook como agasallo estrela do Nadal

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

libro_electronico.jpgPara quen dubidase sobre a cuestión, non é casualidade que as grandes editoriais galegas elixisen estes días previos ao Nadal dunha década de innovación que remata para dar a coñecer os seus primeiros libros electrónicos. Segundo se conta na Internet e veñen de sinalar participantes na xornada sobre deseño editorial e eBooks celebrada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra, este que estamos a vivir é o intre do afianzamento dunha tecnoloxía e dun produto tecnoloxico-cultural en concreto: o soporte de lectura do libro electrónico (eReader) e o libro electrónico en si mesmo (eBook). Para os especialistas reunidos nas ditas xornadas, xa non hai volta atrás no que se refire á dixitalización da cultura, está aquí para quedarse, e probablemente con moitas opcións de acadar un beneficioso equilibrio co libro en papel que xa coñecemos.
O que cómpre facer agora, sinalaron, é adaptar o noso negocio e o noso deseño gráfico ao novo contexto, e buscar vieiros para esta adaptación foi, precisamente, o obxectivo principal das devanditas xornadas, organizadas pola Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade coa coordinación dos profesores Alberto Pena e Pedro Pablo Gutiérrez. En opinión do primeiro dos mestres, “non se trata unicamente dun cambio de soporte, senón tamén da apertura a novos mecanismos de información, posto que o libro dixital permitirá empregar múltiples ferramentas como ligazóns a webs, procurar palabras en todo o texto, que os apuntamentos a pé de páxina se transformen en xanelas, a inclusión de citas audiovisuais que remitan a un vídeo…, en definitiva, será multidimensional e multimedia”.
No transcurso da xornada tamén interviñeron Ángel Sáenz de Cenzano, director de loxística do Grupo Santillana, quen falou do presente e futuro da industria do libro e fixo un repaso polos cambios máis importantes que a irrupción do eBook vai achegar no eido editorial. Neste senso, salientou que se eliminan os atrancos de almacenamento e que a distribución será máis doada e con dispoñibilidade en todo o mundo, o que xunto co aforro de papel abaratará os custes do produto e mesmo o prezo final do libro.
Complementaron a xornada sobre eBook os relatores José Crespo, director de arte de Santillana, que falou dos criterios gráficos, tipográficos e de maquetación no deseño editorial; e Víctor Freixanes, director xeral de Galaxia, que tratou a expansión do libro electrónico en galego e a súa repercusión no negocio editorial en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?