Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presenta o programa XIGA, para mellorar a innovación das empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presenta o programa XIGA, para mellorar a innovación das empresas galegas

Raquel Noya
Publicado: 16/12/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

JAVIER_GUERRA_E_RICARDO_CAPILLA.jpgA cidade de Santiago de Compostela vén de dar acollida á presentación do proxecto de creación da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA) que tivo lugar esta mesma mañá da man do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández e o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo.
Este proxecto, pioneiro en España, será o resultado dun programa piloto de formación de técnicos especialistas en materia de I+D+i, e a súa incorporación a 50 empresas galegas que os precisan para mellorar a súa innovación así como a súa facturación anual.
As pequenas e medianas empresas participantes nesta primeira acción do Programa para o Impulso da Innovación das Pemes Galegas promovido por Economía e Industria recibirán axudas importantes para facerlle fronte aos gastos derivados da contratación destes expertos, que se materializarán no 70 por cento do custo laboral o primeiro ano, o 50 por cento o segundo, e o 30 por cento o terceiro, sempre coa limitación máxima de 30.000 euros anuais en concepto de axuda.
A xunta vén de anunciar que ao longo do mes de xaneiro de 2010 procederase á selección dos candidatos a xestores expertos en innovación, que deberán posuír unha titulación superior; ter experiencia previa ou formación no eido da I+D+i; e contar con dominio do inglés e habilidades en TIC.
A continuación, durante os meses de febreiro e marzo de 2010, terá lugar o programa de formación intensiva dos 50 candidatos seleccionados con 320 horas de sesións presenciais sobre temas relacionados coa xestión da innovación (sistemas de xestión da I+D+I, xestión administrativa e económica de proxectos de I+D+I, novas tecnoloxías, vixilancia tecnolóxica, fiscalidade da innovación, xestión da calidade, etc.).
Paralelamente, desenvolverase unha convocatoria pública para pequenas e medianas empresas, a través da que as entidades interesadas en integrar no seu cadro de persoal a un xestor da innovación no marco deste programa deberán presentar a súa solicitude. Os requisitos que debe cumprir a empresa para poder participar nesta acción son: reunir a condición de peme (menos de 250 empregados); atoparse ao corrente en todas as súas obrigas fiscais; e ter experiencia previa en iniciativas de I+D+i e/ou plans en firme de abordalas nun futuro inmediato.
A incorporación laboral dos xestores de innovación nas 50 pemes beneficiarias do programa terá lugar durante o segundo trimestre do 2010, co apoio financeiro da Consellería de Economía e Industria desde a primeira nómina.
Estes profesionais traballarán en cadansúa empresa con total autonomía e contarán co soporte da Rede XIGA a través da plataforma en liña que lle dará soporte a partir do segundo trimestre de 2010. Esta plataforma, deseñada con base nas ferramentas 2.0 dispoñibles en Internet (redes sociais, foros, repositorios de documentos e todos os recursos dispoñibles para compartir e interactuar), servirá para a continua actualización de coñecementos, a posta en marcha de ideas e proxectos que impliquen a cooperación de varias empresas, o intercambio de experiencias…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?