Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Grande afluencia de público na presentación do libro de Ineo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Grande afluencia de público na presentación do libro de Ineo

Raquel Noya
Publicado: 17/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_libro.jpgO libro Sistemas de Información; Ferramentas prácticas para a Xestión, vén de ser presentado diante de preto dun cento de directivos e representantes de empresas pertencentes aos diferentes sectores produtivos galegos, entre os que destacou o sector TIC.
Nesta publicación, da que demos conta onte en Código Cero, analízase como as novas tecnoloxías se converteron no “soporte fundamental” para a xestión de calquera organización e para o aumento dos niveis de produtividade e competitividade de calquera empresa.
A utilidade da publicación vén dada principalmente polo seu carácter funcional e práctico, dende a perspectiva da aplicación real das TIC nas empresas e non dende un punto de vista puramente tecnolóxico.
Trátase dun libro que tivo unha extraordinaria acollida no ámbito académico e que actualmente se emprega como libro de referencia en máis de 50 Universidades de España e Latino América en carreiras como Empresariais ou Enxeñarías.
Dada a importancia da publicación para o sector de Novas Tecnoloxías e para o conxunto do empresariado galego en xeral, o acto contou coa presenza da máxima responsable do goberno autonómico en materia de modernización tecnolóxica, a Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de la Xunta de Galicia, Maria del Mar Pereira.
Un acto celebrado en Vigo, no edificio de Oficinas do Consorcio da Zona Franca e organizado por Ineo a asociación TIC de referencia en Galicia, que agrupa 84 empresas do sector das Novas Tecnoloxías. Tal e como afirmou o presidente da asociación, Jorge Cebreiros, “as TIC convertéronse no máis importante motor de desenvolvemento económico e só as empresas que aposten fortemente pola modernización e a innovación van poder sobrevivir no contexto do mercado actual”.
Os propios autores do libro, Álvaro Gómez e Carlos Suárez, foron os encargados de describir máis en detalle os contidos e a utilidade dun libro co que “tratan de dar resposta ás cuestións que se formulan moitos directivos en relación coas aplicacións que se requiren na xestión empresarial” e que foron recollendo ao longo dos últimos anos grazas ao traballo e ao contacto permanente cunha gran cantidade de empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?