Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET recoñeceu nos seus premios á Oficina de Software Libre da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET recoñeceu nos seus premios á Oficina de Software Libre da USC

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_oficina_software_libre-2.jpgEntre as entidades e organismos recoñecidos no serán do pasado mércores nos premios EGANET (dos que iremos dando conta paseniño nesta páxina web) atopamos á Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago, departamento encamiñado a promover de xeito non excluínte as vantaxes da programación aberta a tódolos niveis e que nos últimos tempos está a rexistar un importante medre no número de actividades dirixidas á divulgación. A Oficina, que acudiu representada (entre outros) por Javier Franco Tubío (director da Área TIC da Universidade), foi posta en marcha finais do ano pasado logo dun acordo entre a Xunta e a USC, orientando o seu traballo, dende ese intre, a fomentar e implantar a programación aberta na comunidade estudantil.
Segundo informa a USC, trátase dun servizo inserido no Plano Estratéxico das TIC, sendo o seu produto de acción máis salientable o traballo colaborativo coa comunidade universitaria, a quen informa polo miúdo das vantaxes e dos usos do código aberto á vez que capacita para desenvolver un labor divulgativo semellante coa sociedade galega por enteiro.
O premio EGANET, na modalidade de software libre, foi recollido por Javier Franco, quen fixo fincapé na postura da institución educativa que representa respecto do código aberto sinalando que esta o fomenta de maneira racional e “non excluínte con outros modelos”, considerándoo unha ferramenta interesante que debe adaptarse ás diferentes situacións e emprazamentos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?