Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos fai entrega dos seus premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos fai entrega dos seus premios

Raquel Noya
Publicado: 18/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ganadores_expourense.jpgO Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que organiza Expourense cada ano para vencellar a investigación das universidades co mundo empresarial, xa ten gañadores; trátase de Jorge Breogán López, un alumno da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, que se fixo co primeiro premio na modalidade de grao medio, e de Brais Candela, da Universidade da Coruña que gañou no apartado de grao superior.
Ao certame, que este ano celebrou a súa IX edición, presentáronse un total de 14 proxectos (tres para o grao medio e 11 para o superior), e dos seis finalistas do certame catro estudan na Universidade de Vigo.
Jorge Breogán López presentou ao certame o seu proxecto fin de carreira, unha ferramenta informática chamada XAS: Sistema de autenticación extensible con acceso dinámico e restricións que, en palabras do informático, “trátase dun sistema destinado a grandes organizacións, especialmente centros de ensino, que permite controlar o acceso aos ordenadores do centro”.
Brais Cancela, gañador do certame na modalidade de grao superior, presentou ao concurso un traballo titulado: Utilización de modelos deformables para a localización do camiño mínimo: aplicación sobre imaxes oculares. O estudante explica que esta ferramenta “é capaz de detectar o índice arteriovenoso” e vaise integrar nunha plataforma xa existente e utilizada en centros de saúde para detectar enfermidades oculares. Segundo afirma Cancela, “a aplicación xa existía pero tiña unha marxe de acertos do 85%”. “A miña proposta”, engade, “é unha mellora aos servizos que ofrece esa aplicación”, conclúe o informático.
O segundo posto no grao medio foi para Maite Molinos, estudante da Escola Superior de Enxeñaría de Informática de Ourense, que presentou ao certame un sistema móbil que permite obter e consultar as notas académicas por Bluetooth e transmitilas de maneira doada aos interesados. José Manuel Villar, tamén da ESEI, fíxose co terceiro posto do grao medio por un proxecto que axuda aos novos empresarios a encontrar a mellor ubicación para o seu negocio nunha cidade ou nun determinado espazo xeográfico. E Enrique Sánchez, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo, levou o terceiro premio na modalidade de grao superior por unha aplicación que se pode utilizar en sectores como a publicidade ou os sistemas de seguridade e que permite ao usuario interaccionar cun moneco xerado por ordenador. O segundo clasificado na modalidade de grao superior foi o estudante da Universidade da Coruña, Xurxo Méndez cun xogo para dispositivos móbiles baseado en GPS.
O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos é un certame organizado por Expourense co obxectivo de vencellar a investigación que se fai nas universidades co mundo empresarial, sensibilizando á empresa do que lle pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica para o aumento da produtividade e da competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?