Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A banca en liña de Caixanova sitúase entre as cinco mellores de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A banca en liña de Caixanova sitúase entre as cinco mellores de España

Raquel Noya
Publicado: 21/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Caixanova-4.jpgOs servizos financeiros en liña de Caixanova, agrupados baixo a marca Enova, veñen de ser elexidos como “o quinto mellor espazo dunha entidade financeira en Internet”, e “o segundo dunha caixa de aforros”, segundo o II Estudo de persuabilidade da banca online elaborado pola consultora de estratexia e mercadotecnia en liña Multiplica. Esta análise, que radiografou a presenza na Rede dos principais bancos e caixas de España, considerou sete criterios que valoran diversos aspectos como a confianza que ofrecen, a experiencia do usuario ou a intelixencia comercial, entre outros.
O estudo coloca a Caixanova como “a segunda caixa de aforros con mellor presenza en Internet”, posto que o servizo en liña da caixa de aforros, que foi redeseñado e dotado con novos contidos fai xusto un ano, destaca polo uso de lanzadeiras que se adaptan ás necesidades do usuario. Estas ferramentas permiten aos clientes acceder de forma intuitiva dende a portada á información detallada dos produtos que máis satisfagan as súas necesidades.
O informe tamén revela o esforzo da entidade financeira en adaptar os contidos en Internet dos seus produtos aos diferentes públicos obxectivos. A través da segmentación, o portal conta con itinerarios personalizados para cada tipo de cliente, como son as empresas, asalariados, mozos ou sector agrario, entre outros. Co uso destas divisións ofrécese, segundo informan dende a entidade bancaria, a posibilidade de adaptarse “do xeito máis fiel“ ás necesidades dos clientes.
Outro dos aspectos que a consultora Multiplica valorou especialmente na banca electrónica de Caixanova é a páxina principal. O estudo remarca aspectos como a capacidade de atraer o cliente a través do uso de contidos multimedia ou cun deseño que involucre o cliente. Por outra parte, tamén insiste na selección coidada de temas que compoñen a portada da caixa galega en Internet, e recoñece a progresiva transformación da páxina web, “valorando a funcionalidade á hora de permitir todo tipo de operacións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?