Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno promove o acceso das persoas con discapacidade á TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno promove o acceso das persoas con discapacidade á TDT

Raquel Noya
Publicado: 21/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tdt_accesible_02.jpgO Goberno central, da man do ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián e da ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez, vén de presentar publicamente os decodificadores de Televisión Dixital Terrestre (TDT) accesibles para as persoas con discapacidade e as persoas maiores, nun acto no que tamén se levaron a cabo demostracións do funcionamento destes receptores.
Estes decodificadores incorporan un sistema operativo pioneiro desenvolvido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), que lle permite ás empresas facer accesibles os dispositivos que fabriquen. Deste xeito, segundo afirman dende o executivo, “España convírtese no primeiro país en contar con decodificadores de TDT accesibles”, que nas vindeiras semanas estarán dispoñibles nas tendas.
tdt_accesible_01.jpgEste proxecto, que conta cun presuposto de 500.000 euros, ten como obxectivo aproveitar as posibilidades que presenta a TDT para garantir o acceso a este medio das persoas con discapacidade e as persoas maiores e deste xeito, segundo indican, “ofrecerlles unha alternativa eficaz para que poidan empregar a TDT sen barreiras”.
Esta medida afectará directamente a unhas 100.000 persoas con minusvalidez visual e ás súas familias e tamén facilitará o uso de aparatos ás máis de 7.000.000 de persoas que forman o colectivo de maiores
Asemade, tamén busca dinamizar e promover a industria mediante a liberación do coñecemento e os resultados do proxecto para a súa adopción e utilización polas empresas na creación de produtos que ofrezan solucións a este tipo de colectivos, nun mercado en competencia e garantindo o cumprimento da lexislación.
Neste sentido, INTECO asinou senllos acordos de colaboración con seis fabricantes (Televés, Investrónica, FTE Maximal, Elias Interactivo, Fagor e Fracarro Ibérica) para a comercialización de receptores de TDT accesibles baseados nos resultados do proxecto, co que se garante a existencia dunha oferta suficiente de receptores accesibles nun mercado de libre competencia.
Esta aplicación software para receptores de TDT, denominada IDTVOS (INTECO Dixital TV Operating System ou Sistema Operativo de INTECO para Televisión Dixital), é compatible con varios decodificadores de TDT do mercado, de tal maneira que a súa introdución converte o receptor nun receptor accesible, que incorpora gran cantidade de funcionalidades de accesibilidade como a axuda á navegación por voz, tonalidades de alto contraste, tamaños de fonte e velocidade da voz personalizable…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?