Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole medra con empresas ligadas á innovación na Rede e á procura de enerxías limpas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole medra con empresas ligadas á innovación na Rede e á procura de enerxías limpas

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/12/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tecnopole_lanzadeira_biotecnoloxia.jpgA Tecnópole medra, e non con iniciativas de negocio á marxe dos tempos que corren, senón ben inseridas nas demandas da nosa sociedade e co obxectivo de pór en xogo solucións para problemas e atrancos actuais de toda índole. Máis polo miúdo, trátase de empresas encamiñadas a achegar alternativas enerxéticas limpas, promoción das novas tecnoloxías do coñecemento ou investigación ao servizo de novos alimentos no mercado. Así o fixo saber hoxe o dito complexo produtivo ourensán, cuxo Consello de Administración acordou esta tarde a instalación de nove novas empresas, o que sitúa en 95 a cifra total de firmas que desenvolven o seu labor ao acubillo da devandita Tecnópole. Este acordo da ampliación foi unha das resolucións da derradeira xuntanza do máximo órgano de decisión da entidade situada en San Cibrao das Viñas, presidida polo director xeral de I+D, Ricardo Capilla.
No que respecta ás novas incorporacións e os seus emprazamentos, dicir que dúas das iniciativas (Climadaptación, orientada á investigación contra o cambio climático, e máis Biogalia, centrada na produción de novos alimentos) comezarán a súa andaina na Lanzadeira de Empresas de Biotecnoloxía (na imaxe).
Das outras sete firmas, cinco desenvolverán o seu labor na incubadora central (o edificio CEI), outra no edificio Tecnópole II (a empresa Unitono) e a restante unha parcela propia de seu. Polo que atinxe a Unitono Servicios Externalizados, dicir que se trata dunha iniciativa do Grupo Avanza, corporación especializada na promoción e na venda de servizos e produtos a distancia (a través das canles da comunicación) e que ten previsto dar traballo a 150 persoas no seo da Tecnópole.
Das cinco novas firmas que inician a súa andaina no CEI, un dos niños será ocupado por Intellectia Bank, creada para ofertar servizos científicos e tecnolóxicos; de análise e investigación industriais; e de deseño e desenvolvemento de equipos informáticos e de software, entre outros. Asemade, operará dende a mesma lanzadeira EsenRed, unha firma que, como o seu nome indica, vai estreitamente ligada ás redes e ao dixital, centrándose de xeito específico na asesoría, a consultoría e o deseño de proxectos no eido da Internet social, a que move á participación activa do usuario, que ademais ten unha importante responsabilidade na súa construción. O gran obxectivo de EsenRed é implantar os proxectos precisos para que as organizacións integren os cambios que estas novas ferramentas achegan sobre a súa cultura corporativa.
A empresa Jofeco Project Management S.L, é unha sociedade de prestación de servizos avanzados relacionados coa xerencia integrada de proxectos de construción e control de riscos no sector.
Pola súa banda, Acuasec S.L. traballará no desenvolvemento dun sistema central de tratamento de aire para eliminar os fungos en construcións e vivendas. O proxecto da empresa é crear unha máquina que recolla o aire san dende o exterior e o introduza seco no interior da vivenda e coa temperatura ideal en cada época do ano, deixándoa libre de polen, po e ácaros.
Vicente V. Agromayor S.L. é unha firma con experiencia no sector das TIC que se instala na Tecnópole para desenvolver un proxecto sobre aplicacións baseadas na tecnoloxía de identificación por radiofrecuencia (RFID).
As dúas empresas que se mudan desde o Viveiro da Cámara de Comercio de Ourense á incubadora da Tecnópole pertencen ao sector agroalimentario. Qualigal oferta consultoría de calidade, I+D, LOPD e seguridade alimentaria, mentres que Bioseguridad de Galicia se dedica ao asesoramento en materia de bioseguridade, concretamente no ámbito das explotacións gandeiras.

A prol das enerxías renovables

A busca de alternativas enerxéticas, máis limpas e sostibles, ao que arestora impera (os derivados do petróleo, causantes en boa medida dos problemas climáticos do mundo), é outro dos grandes eixes de actividade das novas incorporacións ao Parque Tecnolóxico de Galicia. Nesta liña é onde se insire Heatworth Technology, unha firma que segundo informa a Tecnópole disporá de nave industrial para investigar na posta en funcionamento de bombas de calor xeotérmicas de alta eficacia enerxética.
Asemade, Laddes Works, que comezou a súa andaina no complexo de San Cibrao no ano 2000 no ámbito da aeronáutica, terá acceso a outra parcela ao carón da que xa ocupa “para construír unha nova planta dedicada á fabricación de palas e á integración de máquinas de minieólica”, sinalan fontes da Tecnópole.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?