Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo manifesto a prol da Rede libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo manifesto a prol da Rede libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O escritor Carlo Fabretti, un dos impulsores da plataforma
O escritor Carlo Fabretti, un dos impulsores da plataforma
Por se xa tiveramos poucos debates, dun tempo a esta parte temos un que afecta ao escenario mesmo onde se desenvolve unha boa parte deses debates da actualidade: a Rede. A controversia non é unha controversia calquera: trátase de saber ata onde chega a liberdade na Internet, ou na vida mesma (porque xa non se poden desligar ámbolos dous conceptos), á hora de intercambiar información. É dicir: que facemos cando nos poñemos no eMule e baixamos unha película? Tomamos emprestado un arquivo ou ben atentamos ilegalmente contra os dereitos dos artistas? Se hai uns días asistíamos á posta en marcha dunha nova plataforma de músicos e cineastas que esixían o peche da billa, agora toca falar do contrario: xente procedente das máis variadas polas creativas que xa está un pouco cansa de que á cultura, para eles un dereito universal, se lle poñan máis atrancos dos que xa hai.
No grupo vemos un pouco de todo: xuristas, músicos, literatos, ensaístas, investigadores ou filósofos. Segundo se conta en Xornal.com, o colectivo non sigue o ronsel do documento recentemente asinado en contra da loita contra o intercambio na Rede que promove Zapatero (documento que o novo grupo cualifica de politizado e afín á dereita máis intransixente), senón que se desmarca del cara á independencia. Detrás deste novo colectivo albiscamos xente como as escritoras Belén Gopegui e Rosa Regás, o músico Álex de la Nuez ou o escritor e activista Carlo Fabretti, un vello coñecido dos galegos e un dos persoeiros da cultura española que máis esforzos ten dedicado á liberdade cultural e informativa nos medios dixitais. Estes e outros asinantes participan no manifesto como unha maneira de poñerlle freo á concorrencia activa nesta loita a prol da Rede libre de colectivos pouco sospeitosos de seren tolerantes co fluxo información.
Máis polo miúdo, o seu manifesto funciona como versión pulida cara á independencia do previamente asinado na Rede contra o Goberno de Zapatero e a súa política contra as redes de intercambio de ficheiros, canalizada a través do Ministerio de Cultura.
Nese documento previo, sinalan os promotores desta nova plataforma dixital, “atópanse xornalistas que defenden a libre descarga de películas ou música dende Internet pero son ciumentos gardiáns de outras formas moito máis inxustas de colonialistas de propiedade privada”, sinalan. No novo documento apóstase por atopar novos modelos de explotación no mercado de Internet, ao considerar que a busca de alternativas de reprodución das creacións podería achegar un avance para todas e todos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?