O vindeiro sábado, 2 de xaneiro de 2010, aínda coa resaca das festas de Nadal e coa ilusión de recibir algún regalo de Reis, tres blogueiros procedentes de México, Bélxica e Alemaña, iniciarán dende Madrid a Expedición Coca-cola 206 rumbo a outros tantos países para percorrer máis de 400.000 quilómetros e contar a experiencia en primeira persoa dende a Rede.
Tony, Nelly e Antonio chegaron hoxe á capital cargados de ilusión coas súas cámaras fotográficas e de vídeo para contarlle ao mundo “que fai felices aos españois”. Para iso Coca-Cola España programoulles unha chea de actividades entre as que destaca unha visita ao Concello de Madrid, a celebración das badaladas na Porta do Sol, a carreira de San Silvestre, as tapas polos coñecidos barrios madrileños e a saída de ano con cotillón nalgunha das festas que se organizan na capital española.
Madrid será a primeira cidade dos diferentes países que visitará despois este grupo de “buscadores da felicidade”, (para envexa de todos nos) á que lle seguirán cidades doutros países como Portugal, Venezuela, Colombia, Centroamérica, Francia, Nova Zelanda, Australia, China, Somalia e outros moitos puntos de todo o mundo, finalizando o 31 de decembro de 2010 en Atlanta.
Os tres expedicionarios, que poderemos seguir a través da web www.Expedition206.com, así como en Facebook, YouTube, Twitter e Flicker, entre outras redes sociais, asistirán tamén a destacados eventos mundiais como os Xogos Olímpicos de Inverno en Vancouver, o Mundial de Fútbol en Sudáfrica e a Expo Mundial 2010 de Shangai.
Tres blogueiros inician hoxe a Expedición Coca-Cola 206
Compartir Este Artigo

