Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 51 concellos ourensáns contarán con banda ampla a través de WiMAX
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

51 concellos ourensáns contarán con banda ampla a través de WiMAX

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Sede da Deputación de Ourense
Sede da Deputación de Ourense
A nosa terra, malia as súas eivas en dispoñibilidade de accesos (ou precisamente por elas), semella ter un salientable potencial para converterse en referente da Rede sen fíos. Dito doutra maneira: a falta de conexións tradicionais, sobre todo no noso rural, estase a activar a iniciativa pública e/ou local a prol da alternativa que representan tecnoloxías sen fíos como Wi-Fi ou WiMAX. Segundo vén de dar a coñecer a Deputación de Ourense e nos recorda o noso amigo Xavier Feixoo, ata 51 concellos da provincia contarán en 2010 cunha conexión de banda ampla grazas á tecnoloxía WiMAX posta en marcha través das iniciativas Arraiano, Delorur e Terras do Avia, apoiadas con fondos europeos FEDER.
Estas apostas pola Rede sen fíos van ser xestionadas pola mesma Deputación a través do Negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos, sendo o seu obxectivo o que dixemos ao principio do texto: achegar unha solución viable á histórica carencia de accesos que sufre o noso rural e, en menor medida, o noso eido urbano (carencia que en boa medida é responsable dun dos grandes atrancos para o fluxo de coñecemento na sociedade galega: a fenda dixital).
Por certo que a empresa adxudicataria do contrato de concesión foi Iberbanda, sendo o seu cometido a implantación e explotación dunha rede de banda ampla no eido dos ditos proxectos. Por localidades, cómpre sinalar que as iniciativas abranguen 51 concellos, o que se traduce en 1.540 núcleos de poboación.
O financiamento que achega a Deputación será de 2,455 millóns de euros.
A devandita empresa adxudicataria encargarase do plan de despregamento da rede, a desenvolver en tres pasos:
Fase 1: Cobertura superior ao 37% da poboación ofertada en maio de 2010 (43.152 persoas).
Fase 2: Cobertura superior ao 83% da poboación ofertada en xullo de 2010 (95.139 persoas).
Fase 3: Cobertura do 100% da poboación ofertada en setembro de 2010 (113.386 persoas).
Polo que respecta á tecnoloxía seleccionada e as súas prestacións, cómpre sinalar que se trata da solución de rede sen fíos WiMAX e que con esta aposta agárdase achegar un paquete básico de conexión á Internet de 2 Mbps. Este poderase contratar con servizos de telefonía fixa a uns prezos que aínda non foron desvelados pero que se anuncian como “moi competitivos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?