Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a web que dá conta da apertura da Porta Santa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a web que dá conta da apertura da Porta Santa

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

porta_santa_web.jpgFinalmente, a apertura da Porta da Santa que marca o comezo do Ano Xacobeo 2010 (que terá lugar hoxe na Catedral de Santiago ás 16.30 horas, acompañado do tanguer de mil campás das igrexas da Arquidiocese compostelá) estase a reflectir tamén no eido virtual, concretamente, e para ir abrindo boca, na web puertasanta2010.com, páxina que como o seu propio nome indica non inclúe versión en galego (malia ser, cremos nós, un dos primeiros pasos que cumpriría dar) e que vén da man do Arcebispado para achegar durante todo o ano 2010 un resumo exhaustivo da dita cerimonia de apertura.
Por certo que a cerimonia non é un acto calquera: dáse a casualidade de que non volverá a repetirse ata dentro de once anos.
A web, que conta co apoio do Xacobeo 2010 e do Concello de Santiago (de aí que nos chame máis a atención a ausencia total da nosa lingua) traza un percorrido moi visual (sen descartar a inclusión de textos sobre o proceso, a historia do Xacobeo e da propia Catedral) pola cerimonia de benvida do Ano Santo que se desenvolve hoxe, incluíndo imaxes da Porta Santa e do seu emprazamento na Praza da Quintana, os pasos dos que se compón a apertura (introdución, rito litúrxico de apertura e máis misa de acción de grazas), o programa da apertura (recepción, procesión), textos de variada índole sobre o rito, oracións, cantos, salmos, saúdos do arcebispo e do Papa, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?