Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha empresa galega crea a primeira calculadora de soldos para móbiles Android e iPhone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha empresa galega crea a primeira calculadora de soldos para móbiles Android e iPhone

Raquel Noya
Publicado: 07/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sueldo_neto.jpgA exitosa web galega www.calcularsueldoneto.com, da que falamos en Código Cero por ter recibido máis de 40.000 visitas nun só mes, volve a ser nova a destacar na nosa web por dar o salto a telefonía móbil e converterse nunha aplicación dispoñible case dende calquera punto da xeografía.
E é que a idea de calcular o soldo neto que se instalou hai uns anos en Internet, vén de adaptarse agora ao sistema operativo de Google para teléfonos móbiles, Android, converténdose así na primeira calculadora de soldos do mundo dispoñible no market place de Google.
Xa dende o pasado mes de outubro, esta ferramenta informática foi valorada moi positivamente (co máximo da puntuación, cinco estrelas) polos propios usuarios de teléfonos Android e grazas a esta “excelente acollida”, Adiante Ventures pasou a adaptar esa mesma aplicación para teléfonos iPhone a un prezo de 0,79 euros, acadando un gran número de descargas durante o primeiro mes de lanzamento.
A aplicación, ao igual que a web do mesmo nome, proporciona un cálculo do soldo neto mensual a partir do soldo bruto anual en España. Con datos actualizados a IRPF 2009, os usuarios poden consultar a nómina de maneira rápida a partir das características máis habituais dos traballadores ou de maneira máis precisa se se inclúen os detalles persoais de cada usuario.
Os resultados, ademais de mostrar o soldo, mostra outros datos como a retención do IRPF ou da Seguridade Social.
Asemade, e xa pensando nos usuarios de iPhone de todo o mundo, a mesma empresa vén de publicar Net Salary, outra calculadora que lle permite ás persoas usuarias calcular o soldo neto nos 24 países máis importantes do mundo e en 15 divisas diferentes, unha ferramenta que, segundo veñen de anunciar os seus creadores, “moi pronto estará dispoñible tamén para teléfonos Android”.
Na imaxe, as aplicacións Calcular Soldo Neto para Android e para iPhone.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?