Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Blusens acode a CES para presentar a súa proposta de fogar dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Blusens acode a CES para presentar a súa proposta de fogar dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blusens_ces_2.jpgSe hai algo do que se fala estes días en todos os medios de comunicación do mundo que traten a cuestión dixital é da feira CES que se está a celebrar dende onte nos Estados Unidos. Pois ben, para quen crea que xa está ben de tanto seguimento, dende aquí lle advertimos de que, en troques dunha cunca, vai haber dúas. Con todo, que volvamos sobre o tema ben pode estar xustificado se do que se trata é de dar conta da presenza galega por aquelas terras. Segundo nos contan fontes da firma Blusens, a experiencia do ano pasado na feira de Las Vegas foi abondo positiva como para que se recunque. E así é: dende onte fica aberto no evento tecnolóxico (se cadra o máis importante do mundo no seu ámbito) o stand da compañía tecnolóxica compostelá para tódolos visitantes, especialistas e público en xeral, dende o que se informará polo miúdo da experiencia Fogar Conectado, unha das máis ambiciosas apostas da empresa galega e que consiste nun paso adiante a partir do concepto de fogar dixital.
Un concepto que, para írmolo entendendo, fica lonxe da arela robótica dos primeiros días do despregue TIC e do conxunto de trebellos que a tecnoloxía quixo dispor nos nosos ámbitos domésticos sen un orde concreto. O que achega Blusens seguen a ser elementos, pero coa diferenza (entre outras diferenzas) de que agora hai cerebro dixital: o Blubrain. Esta tecnoloxía é, por así dicilo, o centro do que se podería entender como un ecosistema tecnolóxico ao servizo do lecer e da información, integrado por diferentes elementos e achegando distintas linguaxes (cinema, música, Televisión Dixital Terrestre, IPTV) en calquera recanto do noso fogar, e mesmo fóra del (de xeito remoto). O stand de Blusens, o número 13544, está situado no edificio Main Central Hall, moi preto dos emprazamentos de compañías como Samsung, Toshiba ou Sony. Ao longo dos catro días que dura a feira, a firma galega levará a cabo todo tipo de demostracións sobre a súa tecnoloxía de Fogar Conectado, amosando amais os detalles da súa gama de produtos, “creados para revolucionar o mercado actual e futuro do lecer doméstico”, sinala a compañía. Por certo que desta volta está prevista a asistencia de Miguel Silva, cofundador da empresa, e Miguel Churruca, director de Marketing.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?