Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant fai reconto de éxitos: 40 proxectos en curso e 2,5 millóns de euros captados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant fai reconto de éxitos: 40 proxectos en curso e 2,5 millóns de euros captados

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_fernando_perez.jpgGradiant está a facer reconto dos froitos de desenvolvemento acadados ao longo do seu ano e medio de vida. Segundo informan fontes deste centro de investigación tecnolóxico con emprazamento en Vigo, 2009 supuxo un pulo importante para iniciativas previas e achegou un número máis que salientable de proxectos novos, unha boa parte deles (se non todos) incluídos na liña de aquilo que se coñece como innovación. É dicir: aquilo no que non traballa ninguén máis. Deste xeito, o centro foi quen de pór en marcha dende as súas orixes máis de 40 proxectos de I+D, dos que unha boa parte (80%) contaron para a súa realización co apoio das empresas (máis de 30). Asemade, acadouse unha facturación directa por I+D a empresas superior ao medio millón de euros e unha cifra de captación de fondos próxima aos 2,5 millóns de euros.
O orzamento para 2010, engade este centro orientado a crear coñecemento de valor no eido das novas canles dixitais, acada os tres millóns de euros.
Así definen dende Gradiant as razóns do éxito de hoxe: “Aínda que 2008 foi o ano da posta en marcha, dende un primeiro intre viuse que era preciso un forte ritmo para poder competir, o que fixo que o exercicio rematase con preto de 1 millón de euros captados e un convenio plurianual asinado coa Consellería de Industria e que garante o sostemento estrutural do centro”. Con todo, foi o ano que vimos de deixar atrás o que lanzou máis sinais de aviso da boa saúde do centro.
Estes son algúns dos froitos acadados:
· Catro patentes en proceso de concesión, tres delas internacionais.
· Máis de 40 proxectos de I+D en curso, a maioría dos cales postos en marcha con empresas.
· Unha cifra de captación de fondos próxima aos 2,5 millóns de euros.
Outra das claves do éxito, sinalan os responsables deste complexo de investigación, radica no bo traballo de diálogo e colaboración coas empresas TIC galegas. “O caso máis salientable”, sinalan, “foi a presentación do proxecto Wi-move perante o CDTI do Ministerio de Industria, cun orzamento total de 3,2 millóns de euros, no que Gradiant actuou como promotor e no que se van investigar e desenvolver tecnoloxías radio que constituirán a base da futura xeración de comunicacións móbiles, coñecida como 4G”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?