Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar e Vodafone únense ás rebaixas de xaneiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar e Vodafone únense ás rebaixas de xaneiro

Raquel Noya
Publicado: 11/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

promocion_mobil.jpgMovistar e Vodafone, as dúas operadoras de telefonía móbil que máis clientes acaparan en todo o territorio nacional, non queren deixar de encher os seus petos na temida “costa de xaneiro” (na que a maioría da poboación xa fixo todas as chamadas de felicitación que tiña que facer e dalle un respiro aos seus móbiles), e veñen de anunciar as súas propias “promocións de rebaixas”, unhas promocións que ben poderían chamarse “ampliación da promoción de Nadal”, xa que tanto unha como a outra manteñen as tarifas anteriores con algunha pequena modificación.
Por unha banda, Movistar volve á promocion 100×1 a todos durante as 24 horas do día, unha oferta que será aplicable aos novos clientes que fagan unha portabilidade ou contrato antes do 31 de xaneiro e que terá vixencia ata o vindeiro 21 de xuño de 2010.
Porén esta oferta estará limitada a un máximo de 7000 minutos de balde en total e non poderán acollerse a ela os actuais clientes de Movistar.
Para estes últimos, a operadora nacional tamén vén de activar unha nova promoción, trátase da promoción Rebaixas Multimedia, que é de balde para todo o mundo e que permite enviar ata 1000 MMS a Movistar pola metade de prezo durante 30 días a partir da confirmación da alta, que debe realizarse antes do vindeiro 31 de xaneiro enviando un SMS coa palabra ALTA ao 224405.
Por outra banda, os clientes de contrato particular ou autónomo de Vodafone que teñan calquera das tarifas planas de voz de 19.90 € ou superior, poderán activar de balde un beneficio adicional ao que xa ten cada tarifa plana para disfrutar dela ata o 31 de marzo.
Os beneficios aos que se refiren os de Vodafone son: Chamadas gratis a fixos as 24 horas do día, Chamadas gratis os fins de semana a todos ou 1000 SMS de balde a Vodafone.
Os clientes de tarxeta prepago de Vodafone, por último, tamén teñen unha promoción exclusivamente para eles que consiste en poder falar as fins de semana por 0 céntimos/minuto a Vodafone (máis establecemento de chamada) dende o 7 de febreiro ata o 31 de xullo de 2010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?