Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dinahosting pecha 2009 cun medre do 24% e con 14 novos postos de traballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dinahosting pecha 2009 cun medre do 24% e con 14 novos postos de traballo

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/01/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alberto de la Morena, director comercial da firma con sede en Santiago
Alberto de la Morena, director comercial da firma con sede en Santiago
A galega Dinahosting, case con toda seguridade a firma independente máis salientable de todo o Estado español en materia de dominios e hosting, vén de facer reconto do acadado o ano pasado en materia de medre de negocio e de equipa. Os froitos obtidos, que por unha banda chocan polo contexto de crise no que estamos a vivir e pola outra certifican a vitalidade do sector dixital, sitúan unha cifra de negocio de 4,6 millóns de euros, o que constitúe para a firma galega un incremento do 24%.
Os números, como dixemos, van un pouco contracorrente. En palabras de Dinahosting, supoñen medre en pleno ciclo económico de crise global e, tamén, evidencian a achega de emprego en contra da tónica xeneralizada da regulación. Sobre este último punto, a firma tamén achega cifra: o equipo humano pasou de 48 a 62 profesionais. Asemade, hai datos concretos sobre o investimento de Dinahosting na estratexia de crear servizos e produtos onde non había: iso que chamamos innovación. Segundo conta a compañía compostelá, a achega en I+D incrementouse un 72% en 2009 con respecto a 2008. Estes investimentos supoñen dende 2005 unha cifra total de 1,6 millóns de euros.
Xa nun eido máis concreto, de novidades con nome e obxectivos, a empresa relanzou ao longo destes meses a súa plataforma comercial, ao que cómpre engadir o fornecemento do seu novo panel de control de servizos e unha aposta decidida por contar cun equipo de desenvolvemento propio. Estas estratexias concretas, comentan os responsables da firma, foron en boa medida as culpables do devandito medre a todos os niveis.
A maiores, sinala Dinahosting sobre o subministrado no ano que vimos de deixar atrás, “cómpre salientar un conxunto de funcionalidades que revolucionan os estándares de seguridade aplicados na maioría dos proxectos en liña; desta maneira máis de 47 mil clientes de 74 países xa poden configurar os seus propios protocolos de seguridade avanzados, con auditorías gratuítas de contrasinais, cartóns de coordenadas para blindar os aspectos máis críticos, accesos restrinxidos por xeolocalización, entre outros”.
Por certo que entre as estratexias que fan posible as cifras de hoxe, Dinahosting tamén inclúe o seu compromiso por unha atención ao cliente o máis directa e próxima posible. En palabras de Alberto de la Morena, director comercial, a empresa deu un chimpo cara a diante considerable neste eido: “Primeiro, ao habilitar un número de teléfono gratuíto e dispoñible as 24 horas e logo coa incorporación de novas linguas como o éuscaro, que se suma ás xa dispoñibles, galego, castelán e máis catalán”. E prosegue, engadindo máis datos sobre este esforzo a prol da comunicación: “En Dinahosting falamos dunha forma máis próxima cos nosos usuarios, na súa lingua habitual e sen que teñan que pagar nin un céntimo pola chamada ou polo soporte técnico; é algo que nos fai únicos no mercado de dominios e hosting”.
Para rematar, dicir que as boas cifras acadadas pola empresa con sede en Compostela veñen de atopar unha confirmación salientable nos informes de Webhosting.info, que sitúan á compañía galega como a segunda do sector que máis medra en toda España. A ampliación destes e outros datos podemos atopala xa neste pdf habilitado pola empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?