Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arteixo Telecom presenta en Las Vegas o seu módem PLC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arteixo Telecom presenta en Las Vegas o seu módem PLC

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Modem_PLC_Arteixo_Telecom_-_horizontal.jpgSeguimos a dar conta da presenza galega na feira CES (International Consumer Electronics Show) que se celebrou os días pasados en Las Vegas e que pasa por ser o encontro de tecnoloxía dixital de meirande repercusión a nivel transfronteirizo. Desta volta cómpre falar de tecnoloxía procedente de As Pontes, máis polo miúdo dunha das firmas do meirande proxección do no noso sector TIC: Arteixo Telecom. Segundo fontes da propia compañía, o seu novo módem PLC ultra rápido estivo presente na feira CES, do 7 ao 10 de xaneiro, coincidindo coa estrea de Arteixo Telecom no devandito evento de xeito conxunto co seu socio tecnolóxico, Gigle Networks.
O aparello, que emprega material de Gigle, achega unha velocidade de conexión a través do fío eléctrico de ata 1 xigabyte por segundo, o que posibilita (sinala a empresa galega) o acceso a todo tipo de contidos e servizos da Rede, música, xogos ou canles variadas do lecer. E isto, engade, dende calquera recanto do noso fogar ou oficina sen que sexa preciso máis cableado. O módem PLC de Arteixo Telecom, puntualiza a compañía galega, é o primeiro das súas características que se desenvolve e fabrica en España.
“Estamos moi satisfeitos coa aceptación que tivo o noso módem neste gran encontro da electrónica de consumo”, comenta Rafael Valcarce, presidente e director xeral da firma galega, ao que engade, facendo referencia á feitura autóctona do trebello: “É un orgullo presentarlle ao mundo un produto tecnolóxico desenvolvido integramente en España”.
Respecto ás súas funcións e ao seu ámbito natural de actuación, dicir que o módem foi concibido para cubri-las necesidades da vindeira xeración de redes multimedia para o fogar, necesidades que serán altas de abondo e que precisarán de tecnoloxías axeitadas. Segundo explica a empresa galega, a única tecnoloxía dispoñible que é quen arestora de achegar unha rede desa índole é a tecnoloxía PLC, que é a que emprega o dito módem e que se basea no uso da rede eléctrica para a transmisión de datos, o que ceiba ao usuario de habilitar infraestrutura extra. “Este equipo”, explica Arteixo Telecom, “supera e con moito a velocidade de conexión de solucións semellantes arestora dispoñibles e achega outras importantes vantaxes para o usuario, como fortaleza, seguridade e facilidade de uso: os modems que integran o kit de conexión detéctanse e configúranse de maneira automática con só enchufalos á rede”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?