Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medran as protestas na Rede contra a caza do raposo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medran as protestas na Rede contra a caza do raposo

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

raposo_cartaz.jpgMalia os apoios oficiais que veñen de recibir os cazadores deportivos da nosa terra (entre outras cousas, a través dunha subvención de 170.000 euros á Federación Galega de Caza), os avais semellan medrar en proporción inversa ao rexeitamento que provocan estas prácticas na sociedade. Para comprobalo, non hai máis que botarlle unha ollada á Rede, onde é ben doado atopar repulsas cara ao campionato de caza de raposo que se vai celebrar en A Cañiza e cara a outros previstos para concellos como o de Portomarín, de moita sona pola gran cantidade de escopetas que se xuntan nos seus montes, unha boa parte delas (senón todas) despregadas sen control e co mérito de abater un raposo tras outro para logo acabar no lixo (os raposos, non as escopetas, como era de desexar). Vemos mostras claras de rexeitamento en Matarpormantarnon, en Vieiros, en Amigos da Terra, na web do Colectivo Ecoloxista do Salnés (onde se inclúe unha fotografía con cazadores e raposos e costa de verdade saber onde está a especie civilizada), na páxina de Equanimal (onde se convida á sabotaxe directa da caza), no sitio da FEG (Federación Ecoloxista Galega) ou no do colectivo Coto de Frade.
A listaxe semella interminable, ao igual que os emprazamentos de denuncia.
O que si que se repite é o apoio unánime ás protestas de esta fin de semana, previstas concretamente para este sábado e coincidindo coa celebración do campionato de caza de raposo programada na Cañiza, Pontevedra. Asemade, as webs e os cadernos están a facer fronte común para mobilizar aos usuarios da Rede o sábado 30 de xaneiro, no marco do novo campionato fixado para a dita xornada na zona de Portomarín, Lugo.
Por certo que ámbalas dúas citas arrancarán ás 8.30 horas nas ditas localidades co obxectivo de estender a mobilización ao monte e logo ás vilas mediante cadansúas manifestacións. Estes son os grupos convocantes. Por certo que dende Rebelión tamén se ofrece un interesante artigo sobre esta cuestión e a cargo de Julio Ortega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?