Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro galego Gradiant deseña un sistema para favorecer o voto dos cidadáns embarcados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro galego Gradiant deseña un sistema para favorecer o voto dos cidadáns embarcados

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant.jpgO sistema democrático, entre outras moitas eivas non visibles de boas primeiras, ten unha que se percibe con cada proceso electoral: a imposibilidade de achegar o voto para os colectivos que, polas razóns que sexan, non están en disposición de facer acto de presenza nos colexios ou ben de envialo por correo a tempo. Para o centro Gradiant de investigación é hora de comezar a pórlle remedio a este feito e dende as ideas e os desenvolvementos que fan posible a revolución das comunicacións pola vía do dixital. Nesta liña, o centro con sede en Vigo informou os días pasados do remate dun estudo de viabilidade dun sistema de votación electrónica para mariñeiros de altura, financiado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño por encargo do Congreso dos Deputados.
O traballo serve entre outras cousas para dar forma a unha alternativa viable ao voto por correo, arestora dispoñible para as persoas desprazadas pero como ben saben os mariñeiros e os seus contornos familiares non sempre posible de aplicar, por exemplo cando saen de marea antes de que comece o prazo para o envío do voto por correo e volvan logo de que remate.
Para resolver estes e outros atrancos, Gradiant propuxo un sistema de voto electrónico remoto para o persoal embarcado que posibilite a achega do mesmo ata no día sinalado para os comicios. “O sistema”, dise no centro de I+D, “subministrará os resultados dunha furna remota mediante unha conexión de datos, vía satélite ou a través doutra tecnoloxía de acceso que se teña por axeitada segundo o caso”. Con este obxectivo, afondouse no aproveitamento das ligazóns de datos que promove o dito Ministerio. Segundo engade Gradiant, a iniciativa podería valer tamén como alicerce que impulse o desenvolvemento dos mecanismos que hoxe rexen o voto no Estado, arestora cen por cen manuais agás en determinados casos de automatización do proceso. Este chimpo integral á dixitalización non puído facerse ata o de agora polas feblezas propias das canles que posibilitan o envío remoto, tanto no que se refire ao software como no que atinxe ao hardware (o propio PC do usuario) e aos propios elementos de acceso á plataforma de voto. A cuestión é que estes contornos non acaban de achegar o nivel de seguridade requirido.
Porén, o sistema de Gradiant non ten estas feblezas. A xuízo dos responsables do centro, a clave está no emprego de hardware específico que “que evita a posibilidade de execución de programas infecciosos ou de modificación do software cargado no dispositivo, ó mesmo tempo que permite a realización de auditorías de seguridade tanto antes como despois do seu uso”. Asemade, puntualiza o centro galego, “explota técnicas criptográficas avanzadas para engadir seguridade e transparencia ó proceso de votación para o persoal embarcado, evitando os problemas de autenticación e solucionando ademais o problema dos prazos de entrega de documentación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?