Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Yoigo e Orange convocan aos seus clientes para o envío de axuda solidaria a Haití
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Yoigo e Orange convocan aos seus clientes para o envío de axuda solidaria a Haití

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ongayudas130110.jpgAs operadoras de telefonía semella que están a tomar partido no achegamento de axuda a Haití. Unha das máis activas é Yoigo, que perante os tráxicos acontecementos que está a sufrir o pobo haitiano vén de pór en marcha en colaboración coa Cruz Vermella o número 5280 co fin de recadar fondos que logo irán dirixidos de maneira íntegra á dita ONG internacional. A idea da operadora é apoiar na medida do posible o traballo na illa da organización, unha das que máis recursos ten ao seu alcance (por experiencia e tamén por continxentes) para coordinar as axudas e evitar que estas fiquen en mans de persoas armadas ou ben de xente que só quere facer negocio coas mesmas.
O plan de Yoigo é o seguinte: por cada usuario de móbil que envíe unha mensaxe de texto coas letras CR ao 5280, farase chegar o importe total da mensaxe (1,04 euros) á dita axuda humanitaria.
A maiores, a empresa non cobrará aquelas chamadas e mensaxes que os clientes fagan a Haití, medida que se manterá ata o vindeiro 22 de xaneiro, coa opción de prorrogarse.
Asemade, a operadora conta xa cun banner na súa web dende o que se achegan recursos para que os clientes da compañía poidan canalizar as súas doazóns.
Amais de Yoigo, entre as operadoras de ámbito español cómpre salientar o traballo de Orange, que vén de pór en marcha unha campaña para que os seus clientes contribúan a prol de UNICEF en solidariedade con Haití. O único que terán que facer os usuarios dos seus servizos é enviar un SMS coa palabra “Haití” ao número 28050, e o custe íntegro do mesmo (1,2 euros) dirixirase á zona afectada polo terremoto.
Outra das compañías que tamén está a mobilizar aos seus clientes, aínda que de distinto xeito, é Telefónica, que vén de habilitar na súa páxina web unha xanela coas ligazóns ás principais plataformas solidarias e humanitarias que están a desenvolver o seu traballo no país caribeño, ligazóns que subministran todo tipo de datos sobre os pasos a seguir para efectuar as axudas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?