Microsoft volve estar en entredito por mor da seguridade dos seus produtos. As razóns de este novo rexurdir de problemas perante a opinión pública son as mesmas de sempre: os programas, por dicilo así, veñen cunha porta aberta. A vulnerabilidade en cuestión, infórmase, atópase en tódalas versións do sistema operativo Windows e, segundo contan os especialistas (a multitude de internautas que esculca con lupa no feito e desfeito pola compañía), posibilita elevar os privilexios do usuario sobre o sistema.
Ao parecer, o achado veu da man dun investigador en seguridade que descubriu como en virtude desta vulnerabilidade calquera persoa cunha base máis ou menos ampla de coñecemento informático podía facer un troco de contexto no núcleo e executar logo código como System, o privilexio máximo.
A porta aberta dos Windows, que aparece detallada nas súas características en Hispasec ou Bitelia, aínda non ten pecho e, segundo se informa nestas páxinas, calquera cos datos e habilidades precisas pode traspasar.
Os sistemas operativos afectados son os de 32 bits: tódolos Windows arestora en uso agás os máis antigos (95 e 3.x).
Sexa como sexa, a característica atopada non debería de achegar grandes incidencias e na Rede xa hai unha chea de sitios nos que informan de cómo pórlle solución, como por exemplo dende Hispasec, que dá os pasos pasa atenuar as consecuencias e aconsella aos usuarios que se aseguren de que eses pasos son aplicados aos sistemas que dependen do controlador do dominio.
Detectada nos Windows unha vulnerabilidade que posibilita elevar privilexios
Compartir Este Artigo

