Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nokia ofrece de balde navegación GPS para coche e peóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nokia ofrece de balde navegación GPS para coche e peóns

Raquel Noya
Publicado: 21/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Nokia_Smartphone.jpgA partir do vindeiro mes de marzo de 2010, os smartphones Nokia con GPS integrado incluirán a nova versión de Ovi Mapas, precargada con mapas locais, navegación GPS de alta calidade en modo peonil e de coche, así como acceso ás guías de viaxes de Lonely Planet e Michelin sen custe extra algún.
Así o veñen de anunciar hoxe os responsables de Nokia, que engaden que este “movemento” ten o potencial de duplicar o tamaño do mercado da navegación GPS nos terminais móbiles. A nova versión de Ovi Mapas, que se pode descargar dende a web oficial de Nokia, inclúe funcións de navegación GPS de gran calidade (peonil e de coche) como son a navegación GPS paso a paso, guiada mediante voz para 74 países con 46 idiomas, ou a información de tráfico en tempo real en máis de 10 países así como radares e mapas detallados de máis de 180 países diferentes.
Esta decisión da compañía tecnolóxica forma parte dunha estratexia para “liderar o mercado da navegación GPS móbil, mapas e servizos baseados na localización”, e o feito de eliminar os custes asociados á navegación GPS para condutores e peóns, supón ampliar o abano de usuarios substancialmente.
Con esta iniciativa, os responsables de Nokia aseguran que poderán ofrecerlle aos usuarios un “completo sistema de navegación GPS de coche e peón, reforzando tamén o despegue dos plans de datos”. Outro beneficio adicional para os operadores é que Ovi Mapas emprega unha tecnoloxía híbrida única, optimizada para o seu uso nunha rede móbil. Mediante o uso de gráficos vectoriais avanzados, xunto a cunha combinación “intelixente” de mapas pre-cargados en liña, a nova versión de Ovi Mapas emprega unha fracción do ancho de banda da tecnoloxía que usan a maioría dos provedores de mapas móbiles.
Ao mesmo tempo, o feito de permitir convertir a navegación GPS móbil en algo tan familiar como o envío dun sms ou unha fotografía supón unha gran oportunidade para a expansión e o desenvolvemento de aplicacións adicionais baseadas na localización.
Ovi Mapas estará dispoñoble de balde para a súa descarga en 10 terminais Nokia, entre os que se atopan os populares Nokia N97 mini, Nokia 5800 XpressMusic ou Nokia E72, con máis smartphones que irán engadindo nas vindeiras semanas.
Mentras tanto, os actuais usuarios de smartphones compatibles con Ovi Mapas, poderán descargalo de balde dende a web de Nokia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?