Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A firma galega de software Balidea obtén dous recoñecementos ao seu labor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A firma galega de software Balidea obtén dous recoñecementos ao seu labor

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

balidea.jpgA empresa galega Balidea, que centra unha boa parte do seu labor no deseño de software, vén de situarse no reducido grupo de firmas do sector que a nivel español conseguen os certificados ISO 20000 e ISO 27001, dous dos recoñecementos máis importantes que no eido tecnolóxico se lle poden asignar a unha compañía pola calidade da súa estratexia e do seu traballo. A firma, que se sitúa desta maneira na primeira liña do sector TIC galego, ve nestes avais “un xeito de salientar o esforzo realizado para converter a calidade e a mellora continua dos seus servizos en elementos difrerenciais que contribúan a pór en valor a súa actividade”.
Polo que respecta á certificación ISO 27001 achegada por AENOR (ao igual que o outro selo), dicir que especifica os requirimentos para a implantación, mantemento e mellora dun sistema de xestión da seguridade da información. “Coa obtención do selo”, sinala Balidea, “a empresa entra a formar parte do reducido número de empresas en España, arredor de 200, que teñen este selo de calidade no seu sistema de información”. Noutras palabras, o certificado recoñece o bo facer de Balidea á hora de pór en práctica os métodos precisos para protexer a información de calquera risco.
No que atinxe ao ISO 20000, sinalar que lles permite ás empresas unha visualización externa e íntegra da súa capacidade para dar servizos de tecnoloxías da información xestionados coas mellores prácticas. Ou sexa, que con este aval Balidea fica en disposición de amosar, punto por punto, un potencial para subministrar servizos tecnolóxico-dixitais rendibles e de calidade.
Como dixemos, detrás destes recoñecementos atópase AENOR, entidade que co seu traballo no deseño de normas técnicas e certificados permite unha estratexia de continua innovación dentro das compañías no vieiro da competitividade, “axudándolles tamén a xerar un dos valores máis prezados na economía de hoxe en día: a confianza”, sinalan os responsables de Balidea. Entre o reconto dos seus servizos achegados, atopamos os seguintes números: un catálogo con arredor de 28.000 normas con solucións e máis de 55.000 certificados emitidos ata o de agora nos máis variados eidos de actividade: dende xestión da calidade e ambiental a I+D, pasando por seguridade e saúde no traballo ou eficacia enerxética.
O labor de Balidea
Balidea é unha empresa galega especializada no deseño, desenvolvemento e implantación de proxectos na área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC); o mantemento, soporte técnico e explotación de aplicacións informáticas, software e sistemas operativos na área das TI e en consultoría especializada en Sistemas de Información.
Desde o ano 2002 achega estes servizos tanto no ámbito da administración pública como no da empresa privada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?