Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberto o prazo para participar nos Premios da Fundación CEL deste ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberto o prazo para participar nos Premios da Fundación CEL deste ano

Raquel Noya
Publicado: 22/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Premios_CEL.jpgA Fundación CEL, que dende hai máis de 12 anos traballa sen ánimo de lucro respaldando proxectos empresariais de mozas e mozos emprendedores de Lugo, facilitando a súa entrada no difícil mundo empresarial, vén de convocar unha nova edición dos seus premios, que celebra anualmente dende hai un tempo.
Trátase da duodécima edición dos Premios da Fundación, que teñen o prazo de inscripción aberto ata o vindeiro venres 29 de xaneiro.
Os estudantes e emprendedores que promovan proxectos de empresa na provincia de Lugo e os empresarios que leven anos traballando polo seu desenvolvemento socioeconómico, aos que está dirixida esta convocatoria, poderán enviar as súas candidaturas ata as 20:00 horas dese día.
Estes Premios constan de tres categorías: a de Iniciativa Empresarial, para o fomento da creación de empresas innovadoras, subdivídese nas modalidades de Premio a Proxectos de Creación de Empresas, Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresas e Premio á Investigación e Innovación aplicada á Empresa, patrocinados polo Banco Pastor, Caixa Galicia e Caixanova, respectivamente.
O premio por modalidade consistirá nun diploma de mérito, unha estatuíña conmemorativa, unha dotación de 3.000 euros e o acceso a financiamento “en condicións preferenciais” ofrecido pola entidade patrocinadora.
Asemade, as dúas primeiras modalidades inclúen a incorporación gratuíta ao Programa Viveiro de Empresas durante o ano seguinte á concesión do premio para a posta en marcha da iniciativa.
Entre os criterios que terá en conta o xurado nesta categoría figuran, entre outras, a viabilidade económica do proxecto, a xeración de postos de traballo, a incorporación das TIC, o emprego de materias primas autóctonas e o grao de innovación da proposta.
Os Premios á Actividade Empresarial están destinados ás firmas que operan na provincia que implantan procesos de mellora e expansión dos seus servizos. Presentan dúas modalidades: Premio á Calidade, Seguridade Industrial e Protección Medioambiental e Premio ao Compromiso Social e á Creación de Emprego. Por último, o Premio á Promoción Exterior da Provincia de Lugo pon en valor campañas deseñadas para a divulgación da nosa imaxe, como son, por exemplo, as de comercialización. Os gañadores de ambas as dúas categorías recibirán un diploma de mérito e unha estatuíña conmemorativa.
Na páxina web da Fundación CEL atópanse as bases de cada categoría e modalidade, o formulario de inscrición oficial e un modelo de memoria técnica dos proxectos para os casos nos que se requira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?