Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Huawei alcanza o récord de velocidade de transmisión de datos na rede GSM/EDGE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Huawei alcanza o récord de velocidade de transmisión de datos na rede GSM/EDGE

Raquel Noya
Publicado: 22/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Huawei, a compañía provedora de solucións de rede de telecomunicacións de última xeración para operadores de todo o mundo, vén de anunciar o establecemento dun novo récord de velocidade de transmisión de datos en redes GSM-EDGE (Enhanced Data rate for GSM Evolution), promediado en 564 Kb/s nun test realizado recentemente con tecnoloxía DLDC (DownLink Dual Carrier).
Este récord de velocidade, dúas veces máis rápido que o existente en redes EDGE, permítelle aos operadores incrementar “de maneira eficiente” a capacidade da rede de datos e proporcionar unha experiencia 3G a moitos usuarios GSM, tales como servizos de datos móbiles de alta velocidade incluíndo trasmisión de vídeos en directo ou vídeo baixo demanda (VOD).
Segundo informan dende a compañía, a tecnoloxía EDGE “mellora significativamente a experiencia de usuario grazas a transmisións de datos máis rápidas, mellor calidade do servizo (QoS) e unha menor latencia da rede”.
A innovadora solución EDGE+ de Huawei, por outra banda, permite aos operadores de GSM migrar as súas actuais redes EDGE a EDGE+ sen problemas, de forma rápida e a un custo efectivo simplemente actualizando o software, permitindo a evolución futura a 3 GR e posteriores sistemas sen engadir hardware adicional.
Utilizando as bandas de frecuencia GSM existentes, a tecnoloxía EDGE+ de Huawei proporciona unha cobertura de datos móbiles de alta velocidade sen fisuras e é unha das primeiras redes de 3 G que fai posibles que os móbiles reciban streaming a tempo real dende Internet cunha baixa latencia. EDGE+ pode xestionar os servizos móbiles de banda ancha de alta velocidade sobre redes de datos HSPA+/LTE para asegurar a continuidade e dispoñibilidade dos servizos de datos móbiles. EDGE+ protexe do mellor modo o 2 G OPEX das operadoras e aumenta o ingreso medio por usuario (ARPU) de redes 2 G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?