Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous novos polígonos industriais galegos acceden a Internet a través de WiMAX
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous novos polígonos industriais galegos acceden a Internet a través de WiMAX

Raquel Noya
Publicado: 25/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

parque_empresarial.jpgDende hoxe, os parques empresariais de Espiñeira, en Boiro, e de Mirallos, en Moraña, súmanse aos outros 23 polígonos galegos que dispoñen de conexión a banda ancha no noso país, un servizo que a día de hoxe é tan necesario (ou máis) como unha boa estrada ou un bo acceso ás instalacións para poder competir en igualdade de oportunidades con outras empresas de fora da nosa Comunidade.
Con estes dous, son xa 25 os polígonos industriais que se benefician da iniciativa WiMAX posta en marcha polo Goberno galego para suplir as carencias de acceso a Internet nestes emprazamentos.
O proxecto WiMAX que desenvolve a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta ten a súa orixe nas dificultades no acceso a Internet de banda larga en diversos puntos de Galicia, que provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas radicadas nesas zonas para competir no mercado actual. Esas carencias tórnanse especialmente graves no caso dos polígonos e parques empresariais, onde as tecnoloxías de acceso á banda larga máis estendidas (ADSL e cable) son deficitarias ou só existen nos grandes emprazamentos.
Fronte a isto, a rede WiMAX, que permite a transmisión de datos empregando ondas radioeléctricas, permite aos polígonos arranxar unha grave carencia, e dota estas zonas de maior capacidade para atraer novas empresas.
O proxecto de implantación da rede WiMAX, que conta cun orzamento de 4,8 millóns de euros e se financia en parte con fondos FEDER, estase a desenvolver en dúas fases. A primeira delas, practicamente completada, beneficia a un total de 12 polígonos industriais, que, agás un, xa teñen activado o seu acceso a Internet. A fase II, actualmente en desenvolvemento, afecta a 22 parques empresariais, dos cales 14 (contando os recén estreados Boiro e Moraña) xa están conectados. Deste xeito, cando estea concluído o proxecto, WiMAX permitirá o acceso a internet en banda larga nun total de 34 parques empresariais galegos.

Estrutura da Rede e servizos ofertados
A construción das redes nos polígonos baséanse en estándares e tecnoloxías que permiten alcanzar altas capacidades e garanten unha elevada dispoñibilidade do servizo. Para isto, instálase unha estación base en cada polígono, e as empresas e residentes na zoas de cobertura poderán contratar o acceso a internet de banda larga, desde 2Mps ata 12Mbps, con prezos que parten dos 30 euros mensuais. Igualmente, a estación permite ofertar tamén servizos de voz mediante a tecnoloxía VoIP así como contratar servizos de valor engadido como videovixiancia ou intranet corporativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?