Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Brión oferta cursos de formación en liña de balde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Brión oferta cursos de formación en liña de balde

Raquel Noya
Publicado: 27/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

brion_on_line.jpgO Concello de Brión, que este ano ofrece máis de trinta cursos de formación en liña, decidiu eliminar as cotas de inscrición dos mesmos para que tódolos veciños e veciñas do lugar, independentemente do seu nivel de ingresos, poideran acceder en igualdade de condicións á formación ofertada polo Goberno local.
Os cursos, aos que se accede a través da páxina web do Concello, inclúen dende o manexo de programas do entorno Office, tales como Excel, Word, Access ou Power Point, ata programas informáticos especializados en deseño, tales como Indesign, Photoshop, Dreamweaver… pasando polo uso de contas de correo electrónico e a procura de emprego na Rede.
Os máis creativos tamén poden aprender a crear o seu propio blog en Internet ou xestionar a súa propia conta nalgunha das redes sociais que se atopan hoxe en día na Rede. Ademais, os cursos inclúen algo de edición dixital (audio e vídeo) e programas máis especializados como o SIXPAC e Catastro, Contaplus ou Nominaplus, para as persoas máis aventaxadas no emprego das TIC e dos ordenadores.
O Concello de Brión, que segundo veñen de informar os seus membros, “é consciente da situación de crise económica que están a vivir as familias do municipio e da importancia que ten nestes tempos a formación”, decidíu que este ano todos os cursos de formación en liña que se impartan serán gratuitos para os veciños e veciñas de Brión. Así, calquera persoa poderá anotarse naqueles cursos que desexe a través da web oficial.
Unha vez inscritas, as persoas que desexen acceder aos cursos, terán reservadas as súas prazas na formación escollida, que comezará en canto se fixe un mínimo de 8 ou 10 persoas. Nese intre, o Concello de Brión enviará a cada alumno ou alumna unha mensaxe ao seu correo electrónico indicándolles o inicio do curso e as datas para a súa realización. Asemade, as persoas inscritas recibirán a ligazón para poder acceder ao temario do curso e ao sistema de seguemento e titorización, así como para poder realizar as probas pertinentes. Ao finalizar as clases, haberá unha proba que dará acceso a un diploma acreditativo dos coñecementos do alumno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?