O persoal encargado de instalar a gran carpa tecnolóxica de Telefónica enVigo, está a contar as horas que restan para que mañá, ás 10:00 da mañá, o director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, mailo alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguren este proxecto, pioneiro no noso país, con éxito.
InnovaTe é un espazo demostrativo de acceso e disfrute gratuito que inicia en Vigo un periplo por toda España para mostrar os últimos avances tecnolóxicos aos cidadáns.
Durante tres días, InnovaTe vaise convertir nun escaparate das máis modernas ferramentas tecnolóxicas, onde se darán a coñecer os servizos e solucións cos que conta Telefónica para satisfacer as necesidades de tódolos seus clientes.
A mostra quedará instalada nunha carpa de 200 metros cadrados, caracterizada polo seu deseño vangardista que emprega materiais transparentes, e onde se instalarán grandes pantallas de plasma na que os monitores explicaranlle ao público asistente o funcionamento destas tecnoloxías e axudaranlle a interactuar con algunhas das aplicacións e servizos de InnovaTe como a televisión 3D, os códigos BIDI ou as últimas innovacións aplicadas á saúde, entre outras moitas.
Telefónica quence motores para instalar a súa carpa InnovaTe en Vigo
Compartir Este Artigo

