Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 8% da publicidade de TVE irá parar a Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 8% da publicidade de TVE irá parar a Internet

Raquel Noya
Publicado: 28/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

TVE.jpgDende que Televisión Española anunciou a retirada da publicidade durante a emisión de programas e películas, é dicir, dende que decidiu apostar por unha programación sen cortes, unha das preguntas que máis se veu repetindo entre os españois é, de onde sacaría estes ingresos TVE?, e se pediría máis financiación?. Pois ben, segundo informa un estudo realizado por Havas para Microsoft Advertising (vese que á compañía tecnolóxica tamén lle picaba a curiosidade), un 8 por cento dos 382 millóns de euros que se deixarían de investir na cadea pública, “irán parar á Rede”.
Podemos dicir entón que, ao igual que a enerxía, a publicidade nin se crea nin se destrúe, só se trasforma, pois segundo o mesmo estudo, o resto de medios (radio, paneis exteriores e prensa) “absorverán o outro 21 por cento dese investimento”.
A súa complementariedade coa televisión, o seu volume de audiencia (24 millóns de internautas no último mes, un 54 por cento da poboación) e a súa afinidade con perfís tan demandados como son os nenos e as mulleres, son os aspectos da Rede que resultan “máis atractivos” para os anunciantes que están a pensar o que van facer coa partida que ata agora destinaban a TVE.
No caso dos nenos, de 8 a 12 anos, trátase dun segmento da audiencia moi afín a Internet, medio ao que máis tempo adican por detrás da televisión, de feito, no último mes, segundo indica o estudo, 1,4 millóns de nenos conectáronse polo menos unha vez para buscar información, entreterse ou comunicarse cos seus amigos.
Pola súa parte, con certas excepcións, as amas de casa tamén están demostrando ser un nicho de mercado importante debido á súa afección á Rede (dos 4,6 millóns de amas de casa que hai en España, 3 millóns son internautas). Os contidos relacionados coa saúde, a familia e a muller en xeral son os que máis espertan o seu interese.
Segundo vén de sinalar Marisa Manzano, directora comercial de Microsoft Advertising, “grazas a Internet podemos seguir chegando a aqueles targets máis afectados pola supresión da publicidade en TVE, ofrecendolle aos anunciantes contidos de interese enfocados a estas audiencias”.
Asemade, indicou, “a isto hai que sumarlle as capacidades de segmentación que ofrece o medio en liña, con ofertas comerciais moi competitivas que nos permiten posicionar a Internet como o candidato idóneo para absorber os investimentos liberados por TVE, por diante do resto de medios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?