Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A carpa InnovaTe recibe os primeiros visitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A carpa InnovaTe recibe os primeiros visitantes

Raquel Noya
Publicado: 28/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Carpa_telefonica.jpgDende hoxe e ata o vindeiro sábado, día 30 de xaneiro, a carpa InnovaTe de Telefónica, da que tanto temos falado ao longo desta semana en Código Cero, vai estar instalada en Vigo para mostrarlle ás persoas asistentes os últimos avances tecnolóxicos da compañía en materia de accesibilidade, entretemento e multimedia, nun marco único que destaca pola súa orixinalidade e polo seu deseño vangardista.
O espazo, que estará aberto ao público das 10:00 ás 19:30 horas, foi inaugurado hoxe polo portavoz municipal do PSdeG – PSOE en Vigo, Carlos López Font, que acudía en substitución do alcalde da cidade, acompañado polo director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller.
Vigo foi a cidade escollida para iniciar o periplo de InnovaTe por toda España, e a partir da vindeira semana levará por todo o país os últimos avances en televisión 3D, realidade aumentada e códigos BIDIs, así como varias aplicacións revolucionarias en materia de saúde e rehabilitación como o control biométrico remoto de doentes.
Ignacio Aller mostrou a importancia desta mostra afirmando que Innovate “é un exemplo claro da aposta da compañía pola investigación e o desenvolvemento, o que a convirte na empresa que maiores recursos destina anualmente a este concepto en España (668 millóns de euros en 2008) e que se destinan fundamentalmente a mellorar a calidade de vida das persoas”.
De entre os servizos relacionados coa accesibilidade e a responsabilidade social, InnovaTe mostra en Vigo Rehabitic, unha plataforma interactiva que permite desenvolver de forma remota terapias de rehabilitación de lesións de xeonllo; A miña Familia, o máis completo servizo de teleasistencia no que o móbil é a ferramenta principal; e Posto Adaptado, servizo que facilita o acceso das persoas con minusvalidez ás TIC e á Sociedade da Información e da Comunicación.
Na área do entretemento e multimedia móstrase a revolucionaria televisión en 3D desenvolvida para a plataforma Imagenio, onde a través de nove membranas no plasma ou o LCD lógrase unha visión estereoscópica sen necesidade de dispositivos externos. Este avance, como todos os que se mostran en Innovate, aínda non se comercializa, polo que a carpa se converte nunha fiestra cara ao futuro da tecnoloxía.
Dentro da área da publicidade e mercadotecnia poderase coñecer a Realidade Aumentada, poderosa ferramenta comercial e de difusión que xunta na mesma imaxe obxectos reais e obxectos virtuais. Neste mesmo contexto, InnovaTe fará demostracións aos vigueses sobre a utilidade dos Códigos BIDI, versión mellorada dos códigos de barra cuxa información pode ser lida coa cámara de fotos dos teléfonos móbiles; ou da súa Mesa Surface, un ámbito empresarial a través de interfaces naturais que proporciona importantes aplicacións para o sector empresarial, para o retail, para a educación e o entretemento ou para a mercadotecnia interactiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?