Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Polémica pola remodelación da principal web para o ensino do chinés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Polémica pola remodelación da principal web para o ensino do chinés

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

instituto_confucio.jpgNa vida real topámonos cada día con proxectos de toda índole que xorden movendo uns orzamentos de moitas cifras e que logo presentan aos nosos ollos uns resultados pouco acordes con eses orzamentos. A vida virtual, neste sentido, non é moi diferente. Un bo exemplo disto é o que está a acontecer coa nova páxina web do Instituto Confucio, sitio en liña que ten o obxectivo de divulgar a lingua e a cultura chinesas no mundo e, polo tanto, un espazo web chamado seguramente a mover multitudes, tal é o peso presente e futuro do devandito país na economía que temos e teremos. Pois ben, segundo se conta en El Navegante, a tarefa de promover o chinés a través da Internet saíu de partida con moitos apoios orzamentarios (3,5 millóns de euros), polo que era de agardar que con semellante cifra a lingua practicamente se ensinase soa nos fogares de todo o mundo.
O caso é que ao desorbitado da dita cantidade se suma un resultado gráfico que, con ser salientable, non xustifica para a comunidade internauta tal investimento.
Como era de agardar, o traballo de creación desta nova páxina vén de provocar moita polémica naquel país, sobre todo se temos en conta que se trata de cartos públicos e que unha boa parte da cidadanía, malia o medre económico experimentado, vive con ben poucos recursos. O financiamento está a ser criticado nun dos maiores espazos en liña do país, Sina.com, onde os seus usuarios non dan crédito a semellante engorde de cifras para o deseño dunha única páxina, cousa que se agrava (explican) se pensamos que un sitio en liña de calidade pode ser posto en marcha cun investimento de arredor de entre 8.000 e 12.000 euros.
As autoridades xa están a defenderse alegando que non só se paga o deseño da páxina, senón tamén os labores de administración, desenvolvemento, mantemento ou achega de contidos. Sinalan que a cidadanía debe ter en conta que as páxinas non se fan para logo esquecelas, que cómpre ter un equipo de traballo multidisciplinar e constante, se o que se quere é achegar unha comunicación plena con internautas de todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?