Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Núñez Feijoo destaca a reunificación das actuacións da Xunta relativas ás TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Núñez Feijoo destaca a reunificación das actuacións da Xunta relativas ás TIC

Redacción
Publicado: 28/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feijoo_plan_estra_tic.jpgTras a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Plan estratéxico tecnolóxico global da Xunta terminará coas «illas tecnolóxicas» por consellerías. «Será un plan para toda a Xunta; no que todos os departamentos responderán a unha única supervisión e terán que responder aos mesmos criterios de compra e mantemento dos programas informáticos», explicou o mandatario autonómico, quen asegurou que este era obxectivo da creación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, dependente da Presidencia da Xunta.
Núñez Feijoo salientou que se trata dun plan ambicioso, pioneiro na Xunta e que supón un paso máis na programación en materia tecnolóxica. «É unha estratexia para ser máis útiles, sobre todo aos cidadáns, que poderán ter un contacto máis directo coa Administración a través das novas tecnoloxías; ás empresas e aos emprendedores que poderán realizar trámites que antes levaban días en minutos; e aos traballadores públicos que poderán alixeirar o seu traballo e acadar unha maior eficiencia», resumiu, destacando tamén as actuacións acometidas nestes últimos 9 meses no eido das novas tecnoloxías, entre as que destacou a aprobación dun Plan TIC de medidas urxentes e dun Plan director de banda larga, cun investimento de 102 millóns de euros. Así mesmo, Feijoo salientou a posta en marcha dun novo portal web, o acordo coa FEGAMP e as deputacións en materia de e-Goberno e as melloras tanto no funcionamento interno da Administración con actuacións como o rexistro telemático, como na atención exterior coa factura e a licitación electrónica e o prazo de 45 días para abonar os pagos pendentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?