O produtor de software estadounidense Oracle, que levaba un tempo anunciando a súa intención de adquirir ao fabricante de computadoras Sun Microsystems, vén de pechar esta compra definitivamente, nun acordo que vai a dar moito que falar no sector xa que se trata do terceiro maior fabricante de software do mundo, que entra pola porta grande no negocio de equipos. Este acordo, que comezou a xestarse hai uns nove meses, supón o desenbolso de 7.500 millóns de dólares, uns 5.300 millóns de euros, que lle outorgan a Oracle a gama máis ampla de produtos de tecnoloxía de calquera empresa. Agora, a combinación das dúas firmas, será quen de producir calquera produto usado no negocio de centros de datos, dende semiconductores e sistemas operativos a servidores, bases de datos e software contable. Asemade, a variedade permitiralle a Oracle, segundo informan dende a propia compañía, desenvolver ordenadores especializados, “máis eficientes e baratos” que os fabricados con compoñentes vendidos por rivais como IBM, Hewlett Packard e Dell. Este acordo con Sun redobla a rivalidade de Oracle con IBM e convirte á compañía no principal fabricante de software para bases de datos do mundo, por enriba de IBM, que ademais entra no mercado de servidores de alta tecnoloxía cun presuposto estimado de 17.000 millóns de dólares.
Oracle faise con Sun e supera a IBM, Dell e HP
Compartir Este Artigo

