
A ligazón ofrecía producións cinematográficas que non era preciso descargar previamente (como ocorre nas redes P2P) senón que se podían ver mediante unha modalidade con cada vez máis auxe na Rede, o streaming, que permite visualizar ou escoitar un arquivo multimedia directamente no navegador sen telo descargado previamente.
Trátase, segundo afirman dende a Fiscalía de Criminalidade Informática de Pontevedra, “do primeiro fallo xudicial deste tipo rexistrado na provincia” e condea ao acusado, Francisco Javier G.Q, creador de Simon Films S.L. a un ano de cárcere e unha multa de 1.800 euros por lucrarse con creacións protexidas por dereitos de autor.
A web do acusado, coñecida como simonfilms.tv, presentábase como un portal de doado manexo para os usuarios, que ofrecía máis de 1.200 vídeos de películas e series para ver en streaming previo pago dunha contía, algo que para a acusación supuxo un delito continuado de vulneración da propiedade intelectual.
Un xuíz vigués condena ao creador dunha web que cobraba por visionar películas en liña
Compartir Este Artigo

