Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Creado un buscador que permite navegar pola Rede de xeito anónimo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Creado un buscador que permite navegar pola Rede de xeito anónimo

Raquel Noya
Publicado: 29/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Starpage.jpgO metabuscador Ixquick e a súa marca norteamericana, Startpage, sabedores de que moitos internautas non queren deixar rastro das procuras que fan por Internet, veñen de lanzar un novo buscador que oculta a dirección do usuario que fai a petición, algo que lle permite aos internautas navegar de xeito anónimo por toda a Rede.
Tratase dunha nova oferta que se engade ás xa existentes ofertadas por Startpage, unha empresa nacida en Nova York que actualmente é propiedade dunha compañía holandesa.
Con este servizo, o internauta introduce os criterios de busca e Startpage ofrécelle unha lista de resultados, aos cales poderá acceder de maneira anónima.
Estes sistemas de navegación anónima (apta para internautas vergonzosos seareiros da pornografía en liña), permiten consultar páxinas sen que o receptor da visita poida identificar a dirección de Internet de onde procede e evitar así que se almacene información sobre a súa visita.
Segundo vén de informar o portavoz da compañía, Catherine Albrecht, “os buscadores almacenan moita información sobre os seus visitantes e non hai garantías do emprego que poidan facer da mesma”. Tanto é así que, segundo aseguran, “Google rastrexa a orixe das búsquedsa daqueles que manifestan padecer a gripe e comparte esta información coas autoridades sanitarias norteamericanas”. “De feito”, engaden, “o máximo executivo de Google manisfestou que se alguén non quere que se sepa algo que fixo, a mellor maneira de garantir a súa privacidade é non telo feito”, e agora tamén usar este buscador anónimo.
Porén o buscador non é a única técnica para acadar unha navegación anónima. Outra forma moi doada é acudir a un sitio intermediario e solicitar a páxina que se quere visitar a través del. O receptor recibirá como dirección solicitante en Internet a do intermediario e non a de quen realiza a petición.
Tamén existen servizos en liña e outros que esixen a descarga comercial dun programa que se instala no ordenador para estes fins.
O buscador facilita esta tarefa e fai máis doadas as procuras segregas pola Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?