Que “o saber non ocupa lugar” máis ou menos sabémolo ben todos; agora ben, que o teñamos en conta á hora de formarnos nalgo que non sirva no futuro máis que para responder correctamente ás preguntas do Trivial non é tan común, porén sábeno ben os responsables de Televés, que aínda así, ao longo de 2009 incrementaron o seu esforzo en formación de instaladores de comunicación, chegando a impartir preto de 7.700 horas en 50 cursos aos que asistiron máis dun milleiro de profesionais.
E é que este incremento do número de cursos e horas de formación respecto a anos anteriores, responde máis que nada á maior demanda plantexada polos instaladores, de cara a atender os traballos de adaptación das instalacións colectivas ás necesidades da Televisión Dixital Terrestre (TDT) no noso país, e ao firme compromiso de Televés de contribuir ao éxico deste proceso.
Mediante a súa colaboración desinteresada coas distintas administracións na definición dos parámetros técnicos para acoller a TDT con éxito en A Fonsagrada e en Soria (onde se experimentou con sistemas piloto), Televés converteuse dende o primeiro momento en protagonista indiscutible no proceso de transición á TDT en España, e agora non escatima esforzos para seguir a boa marcha do proceso formando ao máximo de profesionais para a adaptación das instalacións.
Para isto, Televés conta cun departamento de formación específico, que no periodo 2006-2009 formou a máis de 2.700 instaladores oficiais e clientes, que recibiron un total de 21.000 horas de formación, divididas entre cursos impartidos pola rede comercial da compañía.
Asemade, Televés ofertou cursos intensivos impartidos en fábrica e formación in situ, aplicada pola rede comercial nas asistencias que se realizan en obra.
En materia de formación, e polo que se refire a 2009, cabe destacar tamén as 800 horas de traballo da aula móbil do Tour HDTV , que dende que iniciou a súa xira en abril de 2009 percorreu cen localidades de España, Portugal, Gran Bretaña e Irlanda, dándolle a coñecer a instaladores, distribuidores e estudantes de telecomunicacións as claves tecnolóxicas da televisión de alta definición (HDTV), un servizo que xa comezou a desenvolverse sobre a plataforma da TDT.
Sobra dicir que a compañía tamén colabora neste proceso de transición á TDT non só formando a instaladores, senón tamén desenvolvendo e fabricando, a través da súa filial TRedess, equipos para a transmisión do sinal da TDT (gap fillers), así como unha solución satelital, para cubrir aquelas zonas de orografía complexa ás que non pode chegar o sinal da TDT por vía terrestre.
A compañía galega tamén pon a disposición do mercado unha completa gama de equipos que garanten a captación, medición e distribución do sinal da televisión dixital en óptimas condicións, dende a antena DAT HD BOSS ata a súa ampla gama de descodificadores.
Televés formou en 2009 a máis dun milleiro de profesionais
Compartir Este Artigo

