
A través desta exposición a Secretaría Xeral de Medios pretende amosar aos galegos e galegas de todas as idades o audiovisual e os multimedia realizados por empresas e universidades galegas.
Galiciadixital ofrece unha experiencia interactiva distinta á dos museos convencionais, pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido achegando así os avances en tecnoloxías multimedia e audiovisuais producidas en Galicia á cidadanía dende localidades preto da súa residencia.
Durante a súa estancia no concello de Soutomaior, os visitantes puideron somerxerse nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en tres dimensións, como As Cidades do Camiño, visualización de imaxes panorámicas de 360 graos nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario podía realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación en Santiago de Compostela.
Ademais, os lucenses puideron tamén gozar e xogar con Axóuxere, un canciño robotizado que fala galego e interactúa coa xente. E así ata oito contidos máis que permitiron ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.
Galiciadixital deixa Soutomaior tras recibir 1.628 visitas
Compartir Este Artigo

