Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TDT chega de xeito exclusivo a máis da metade da cidadanía galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TDT chega de xeito exclusivo a máis da metade da cidadanía galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Concellos nos que completouse o apagamento da televisión analóxica esta mañá
Concellos nos que completouse o apagamento da televisión analóxica esta mañá
A TDT prosegue o seu avance na nosa terra como plataforma única de acceso á tecnoloxía dixital para un bo número de familias (as que non contaban con cable nin con satélite), e o proceso, a medida que se desenvolve, vai deixando información que nos axuda a enxergar o seu alcance. O informe deste luns, data sinalada pola Xunta para dixitalizar catro grandes núcleos de poboación (A Coruña, Ferrol, Santiago e Ourense) e cidades de tamaño medio como Narón ou Vilagarcía, é especialmente significativo, e máis se temos en conta que pon de manifesto que xa máis da metade da cidadanía galega conta de maneira exclusiva con acceso á TDT.
Os traballos, informa o departamento responsable deste despregue (a Secretaría Xeral de Medios) desenvolveuse con normalidade e sen que “se rexistrasen grandes incidencias”. E isto, puntualiza a Xunta, malia que a complexidade técnica dos pasos dados hoxe foi moito maior cá das xornadas anteriores.
Mapa que destaca os concellos nos que completouse a transición á TDT
Mapa que destaca os concellos nos que completouse a transición á TDT
Os ceses de hoxe, engádese no informe, producíronse en centros emisores principais como o do Pedroso (Compostela), o de Meda en Ourense) ou o de Bailadora (en Ares). Deste xeito, logo dos apagamentos previos e do labor desenvolvido hoxe, pódese dicir que o 56% dos cidadáns galegos, arredor de 1.550.000 persoas de 203 concellos da nosa terra, vén en exclusiva a Televisión Dixital Terrestre.
Dos 95 concellos nos que se desenvolveu o apagado hoxe, 45 pertencen á provincia da Coruña (Ames, Ares, A Baña, Bergondo, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabanas, Camariñas, A Capela, Cariño, Cerdido, A Coruña, Dumbría, Fene, Ferrol, Frades, Mazaricos, Mesía, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, O Pino, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Trazo, Valdoviño, Vedra, Vilasantar e Vimianzo); 4 á provincia de Lugo (Carballedo, Pantón, Sober e O Vicedo); 40 á provincia de Ourense (Arnoia, Avión, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San Cristovo das Viñas, San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira e Xunqueira de Espadañedo); e 6 á provincia de Pontevedra (Caldas de Reis, Catoira, Crecente, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?