
Para Cabaleiro este é «un cambio tecnolóxico histórico que ten como protagonistas principais aos cidadáns e o sector das telecomunicacións e que permitirá facer un desenvolvemento sostible da banda larga en todos os concellos de Galicia nos vindeiros anos». Sinalou que o Goberno galego «tivo que executar en poucos meses un plano de despregamento de centos de centros emisores, cumprindo os obxectivos previstos, con ritmo e realismo, coa máxima cobertura e igualdade xeográfica, un apagado analóxico que resulta xa imparable e unha nova dixitalización televisiva que, como responsables políticos, debemos garantir, non permitindo nisto un novo retraso histórico».
En canto ao desenvolvemento do proceso, Alfonso Cabaleiro afirmou que se están a cumprir os obxectivos previstos sen obviar as incidencias que se están a resolver no menor tempo posible. Neste sentido, situou como obxectivo prioritario do Goberno galego achegar o sinal de televisión a todos os cidadáns da Comunidade «sen importar a súa situación económica nin a zona onde vivan». Lembrou que as incidencias de carácter técnico estanse a solucionar coa maior celeridade posible aínda que nalgúns casos máis complexos se precisan días para resolvelas definitivamente. Por iso, o secretario xeral quixo «agradecer aos cidadáns a súa comprensión e o recoñecemento a todos os técnicos que traballaban día e noite e en medio de temporais no proceso de implantación da TDT».
Os cidadáns e o sector das telecomunicacións protagonizan a transición á TDT
Compartir Este Artigo

