Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TADEGA mobilízase na Rede a prol dun equipamento tecnolóxico non discriminatorio para os nenos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TADEGA mobilízase na Rede a prol dun equipamento tecnolóxico non discriminatorio para os nenos galegos

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/02/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

eskola2-0.jpgCómpre recuperar de cando en vez a idea de novas tecnoloxías da información como canles de acceso ou ben como vías de tránsito. De facelo así estaremos en situación de entender un pouco mellor o seguinte: a maior parte do que se desenvolve hoxe nos eidos de hardware, software e servizos en liña só ten en conta á maioría, deixando de lado a un amplo colectivo de persoas con diversidade funcional que teñen os mesmos dereitos fundamentais de acceso ao coñecemento cós demais. A loita contra a discriminación do tecnolóxico é un dos grandes obxectivos de TADEGA (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega), colectivo-foro que leva anos esculcando de preto o que de positivo e negativo teñen as diferentes solucións dixitais para cuestións como a discapacidade, a multiculturalidade, os nosos maiores, o eido rural ou a marxinalidade social.
Pois ben, a asociación galega está estes días a redobrar os seus esforzos no vieiro de garantir a mínima discriminación no noso eido educativo, a xuízo do foro ameazado polo proxecto Abalar, iniciativa para afianzar as canles da información nos colexios e institutos da nosa terra e que entre outras cousas inclúe a achega de 87.400 portátiles para o alumnado galego nun prazo de catro anos.
Para o foro galego, formado por un importante número de profesionais ligados á Educación e á atención á diversidade, é fundamental que se asegure que os ordenadores de Abalar (Escola 2.0) teñan en conta polo miúdo as características e necesidades de todo o alumnado, de aí que o colectivo lanzara xa unha campaña-enquisa para recoller entre a comunidade internauta a máxima cantidade de información sobre as preferencias e os intereses dos profesionais galegos da educación, os pais, os propios estudantes e a nosa sociedade en xeral.
A enquisa, que inclúe cuestións sobre o que se debería facer cos ordenadores ou o que terían que incluír por defecto estes equipos, preséntase deste xeito: “O proxecto Abalar – Escuela 2.0, vai repartir ordenadores ou netbooks aos alumnos, pero, alguén pensou nas características que deberían ter? E para alumnos con necesidades específicas e xa que o ordenador lles suporá tecnoloxía de apoio, serán iguais? E a accesibilidade?… axúdanos a responder todas estas dúbidas e así facer unha proposta seria e partindo da realidade”.
Para TADEGA, é unha realidade que as TIC (novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación) veñen sendo unha nova ferramenta á vez que medios de comunicación múltiples e, no lugar de axudar á integración de todos, aínda incrementan a segregación de quen non pode acceder a elas por causa dos “deficientes e discriminatorios deseños”. O obxectivo da asociación é duplo: por unha banda rachar esta fenda dixital e pola outra investigar, deseñar e propor as ferramentas, as maneiras e os métodos para obter o mellor proveito destas tecnoloxías dixitais nos eidos educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?