Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft advirte de que a maioría dos mozos responden na Rede a mensaxes de descoñecidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft advirte de que a maioría dos mozos responden na Rede a mensaxes de descoñecidos

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mocidade_rede-28c45.jpgHoxe, martes 9 de febreiro, celébrase no eido internacional o Día pola Internet Segura, que é o mesmo que dicir que se conmemora o uso na vida virtual do sentido común que decote adoitamos a empregar na nosa vida normal nas relacións cos demais. E é que na Internet, coma na vida comunicativa real que aquela intensifica, non todo o que reloce é ouro, e hai moita xente de xeito e outra que non merece nin sequera unha palabra pola nosa parte, por moito que se agoche detrás de nomes, avatares ou frases interesantes. Igual máis ou menos ca na vida física. O caso é que esta do sentido común é a mensaxe que lle quere enviar ao mundo a multinacional Microsoft con motivo da dita xornada de reflexión arredor da seguridade en liña, unha cuestión que, para que enganarnos, case lle dá máis crebadeiros de cabeza á propia empresa cá totalidade dos internautas do mundo. Á mensaxe de Microsoft, con ser louvable no seu interese por facérmonos precavidos (cousa importante na nenez e na mocidade, tanto coa Internet como no seu día a día), non lle falta un aquel de alarmismo.
Segundo indica a compañía no seu comunicado e reflicten medios como Xornal.com, máis da metade dos adolescentes españois, arredor dun 56%, foron contactados por un internauta descoñecido a través da Rede, sendo do 76% a porcentaxe de enquisados que responderon, aínda que só fose por curiosidade.
A cousa, sen chegar a ser preocupante (posto que non todos os descoñecidos teñen malas intencións, algúns ata che poden amañar a vida), si que dá que pensar no vulnerables que nos poden facer as ferramentas de comunicación a distancia, con esa teima súa de premernos na curiosidade polo descoñecido.
A enquisa en cuestión, feita durante o mes de xaneiro dende o portal MSN de Microsoft, desenvolveuse sobre unha base de 600 persoas e dezaseis preguntas sobre a privacidade na Rede e o emprego das redes sociais. Os datos achegados non están a caer en saco roto, e xa foron quen de asentar un acordo entre a Policía Nacional, a Unión Europea, o colectivo Protégeles e a propia Microsoft no camiño de promover unha Rede máis segura. Sinalar que os datos do estudo foron dados a coñecer case de xeito simultáneo que o caso de suposta violación acontecido en Chiclana (Cádiz), onde un home de 33 años foi detido pola policía como presunto autor de abusos a unha menor á que coñeceu a través das redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?