Segundo BandaAncha.eu unha das novidades que lanzará Telefónica durante o Mobile World Congress de Barcelona será SIMfi, que vén a ser unha tarxeta SIM que agocha no seu interior un punto de acceso Wi-Fi, de xeito que facilitaría compartir a conexións de banda larga móbil con outros dispositivos a parte do teléfono coma ordenadores portátiles, o que evitaría o uso de modems 3G e eliminaría a necesidade dunha segunda tarxeta SIM para o acceso á Internet móbil.
A SIMfi sería o nome comercial que Telefónica daría á Connect SIM de Sagem Orga, e que sería a primeira SIM en integrar Wi-Fi, abríndoa a moitas posibilidades. Haberá que agardar a ver a presentación oficial do produto para ver se o seu prezo é o suficientemente atractivo.
Telefónica podería comercializar unha tarxeta SIM con Wi-Fi
Compartir Este Artigo
