Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Así-Red pon en marcha na Rede unha central de reservas turísticas libre de comisións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Así-Red pon en marcha na Rede unha central de reservas turísticas libre de comisións

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/02/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

breogan.com.jpgO turismo galego semella que non fai máis que fortalecerse na Rede. Se hai uns días falabamos nesta web da iniciativa Encamínate (posta en marcha para promover o Ano Santo) e máis da páxina de Limiaverde (desenvolvida co obxectivo de fortalecer as casas rurais de Ourense na Internet), agora toca facelo de Breogan.com, unha páxina que como o seu nome indica xorde dende a nosa terra e que consiste basicamente nunha central de reservas turísticas de Galicia. O servizo, que segundo informa a empresa responsable da súa posta en funcionamento (Así-Red) é totalmente gratuíto e non inclúe comisións de ningún tipo, xoga o seu principal papel establecendo contactos entre os turistas que queiran vir á nosa terra e as nosas empresas do sector. Por certo que o portal é froito do seu tempo, de aí que xorda con ligazóns (temáticas, funcionais) estreitas co Ano Xacobeo.
Empresarialmente, iría destinada a firmas de calquera tamaño e tipoloxía (hoteis, hostais, restaurantes, servizos de actividades, etc), poñéndolles ao seu alcance ferramentas para a completa xestión, promoción e venda dos seus produtos. E todo isto, informa Así-Red, a través dunha única web www.breogan.com, “onde calquera turista pode navegar polos distintos servizos, coñecer tarifas, ofertas e dispoñibilidades, consultar opinións, comentarios e valoracións de outros internautas, amais de reservar de xeito directo sobre cada un dos produtos que estean rexistrados no dito portal”.
A idea, máis polo miúdo, é establecer as mellores pontes posibles entre clientes e empresas dentro do noso sector turístico, facéndolle as cousas máis doadas a uns e outros nun intre en que xa todo o relacionado co sector (agás practicamente a propia estancia) se leva a cabo na Rede. “Con Breogan.com”, engade o equipo responsable da súa posta en marcha, “calquera produto turístico galego poderá competir en igualdade de condicións cás grandes cadeas e operadores turísticos, reducir os seus custes de xestión, distribución e comercialización e adaptarse a un contorno cada vez máis competitivo e esixente, facéndolles máis doado ao usuario e ao profesional a consulta de tarifas, dispoñibilidades e reservas en tempo real, a xestión de cupos a través da canle e a optimización das súas tarifas”.
Neste senso, cómpre sinalar que o portal non é simplemente un escaparate de produtos sen apenas marxe para as regras do xogo da Web 2.0 e da comunicación libre. Non, o obxectivo de Así-Red era inserir plenamente a web na tendencia actual de diálogo directo ao abeiro da Internet, permitindo deste xeito a entrada de algo tan difícil de conseguir ata hai ben pouco como a fiabilidade. Dito doutro xeito: os propietarios turísticos rexistrados na plataforma terán que aceptar non só que se fale con eles, senón que se fale deles e que estas valoracións fiquen dispoñibles para outros usuarios que estean interesados nos mesmos servizos. Deste xeito, a comunidade internauta terá marxe abonda para avaliar previamente a calidade dos produtos, na procura de referencias. A través deste xogo, tanto internautas como empresas (que verán como as opinións dos seus clientes suman un historial) sairán gañando.
Así define José Ramón Pais, director xeral de Así-Red, as razóns de ser desta iniciativa: “Cremos que existe unha ampla oferta de produtos turísticos en Galicia con enorme atractivo e calidade, en especial os máis miúdos, que por falta de medios técnicos non é accesible ao gran público que si procura este tipo de produtos; aí precisamente entra en xogo Breogan.com, facilitándolles tecnoloxía de información ás pemes turísticas de Galicia como forma de aproveitar a oportunidade que supón o Ano Santo para o medre dixital, a posta pola innovación e o desenvolvemento de Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?