Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno promove o uso do DNIe para gañar confianza e seguridade na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno promove o uso do DNIe para gañar confianza e seguridade na Rede

Raquel Noya
Publicado: 11/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

DNIe-3.jpgO secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, que onte inaugurou en León a Conferencia Confianza na Sociedade da Información, enmarcada na Presidencia española da Unión Europea e celebrada con motivo do Día Internacional da Internet Segura, aproveitou a cita para lembrarnos a importancia das TIC “como motor da economía e da sociedade”, un motor que fai prioritaria unha protección e seguridade axeitada para toda a cidadanía.
Neste senso, Ros asegurou que a consecución duns niveis elevados de seguridade da información “plantexa importantes retos” e insistiu en que os esforzos para conseguir uns niveis suficientes de seguridade das redes e da información pasan por unha identidade electrónica segura, é dicir, o DNIe.
O secretario referiuse a este documento electrónico como un mecanismo para unha identificación segura para las comunicaciones a través de Internet, posto que permite o paso dunha oferta de servizos telemáticos de carácter xenérico a uns servizos máis persoalizados e con meirande valor engadido.
Hoxe en día todas as comisarías do país expiden xa o DNI electrónico e o número de documentos emitidos xa supera os 14 millóns.
O obxectivo é, segundo informou Francisco Ros, “que esta identidade electrónica sexa aproveitada pola cidadanía para realizar cada vez un meirande número de trámites en liña, con aforro de tempo e de custes”.
Xa que logo, o Eje Confianza y Seguridad do Plan Avanza2 centrarase en impulsar a construcción da confianza a través de políticas públicas “proactivas e de carácter preventivo e educativo, en relación coa seguridade da información, centradas tanto en particulares como en empresas”.
Por outra banda, entre os obxectivos da Presidencia española da Unión Europea, atópase a de mellorar os niveis de seguridade en materia de redes e na prestación de servizos que se apoian nas mesmas. O propósito último é “conseguir xerar confianza no uso das tecnoloxías da información por parte dos usuarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?